Gaspar Guzmán Pimentel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 20:
En [[1615]] conseguiu que Francisco de Sandoval, [[Francisco de Sandoval y Rojas|duque de Lerma]] o nomeáse xentilhome de cámara do príncipe Filipe, futuro [[Filipe IV de España|Filipe IV]], co que regresou á corte. Desde ese cargo interveu nas loitas de poder entre o [[valido]] do rei, o [[Francisco de Sandoval y Rojas|duque de Lerma]] e o seu fillo, o [[Cristóbal Gómez de Sandoval-Rojas|duque de Uceda]], apoiando a este último. Á caída daquel, en [[1618]], Olivares atopouse formando parte da facción gañadora. Desde ese papel, emprendeu a creación dun polo de poder alternativo, apoiándose no seu tío [[Baltasar de Zúñiga]], que fora chamado á corte en 1617 polo [[Cristóbal Gómez de Sandoval-Rojas|duque de Uceda]], a suxestión de Olivares. Este, home intelixente e de gran influencia, soubo facerse co favor do futuro [[Filipe IV de España|Filipe IV]], de forma que cando accedeu ao trono en [[1621]] nomeouno primeiro ministro en lugar do [[Cristóbal Gómez de Sandoval-Rojas|duque de Uceda]], triunfando a facción de Olivares. O 10 de abril dese ano, o rei concedeu a Olivares o título de [[Grandeza de España|grande de España]], utilizando a fórmula convencional "Conde de Olivares, cubrídevos". Finalmente, á morte do seu tío en [[1622]], fíxose cargo do goberno como [[valido]].
 
Desde 1622 os seus cargos na corte foron [[catador de corps]] e [[caballerizo maior]], cos que se garantía o acceso constante á persoa do rei, tanto dentro de palacio como cando saía de caza, e ata coa obrigación de durmir nos seus aposentos. Desde [[1636]] tamén foi [[camareiro maior]]. AparteÁ parte doutras dignidades e oficios, chegou a ser Comendador Maior da [[orde de Alcántara]], [[Alcaide]] do [[Reais Alcázares de Sevilla|Alcázar de Sevilla]], Gran Chanceler de Indias, Xeneral da cabalería española, Tesoureiro xeral da [[Coroa de Aragón]] e Tenente Xeral. Tivo asento nas [[Cortes de Castela]].
 
===Obra como ministro===