Samartín del Rei Aurelio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 56:
A poboación de San Martín del Rey Aurelio crece durante finais do [[século XIX]] e comezos do [[século XX|XX]] grazas a que a actividade económica aumentaba e a economía agraria transformábase en mineira. Esta tendencia invístese nestes últimos anos, debido sobre todo á crise da minería.
 
Deste xeito observamos como en 1837 a poboación do concello é de 2.155 persoas que se mantén constante ata 1850 no que se produce un aumento significativo, ao duplicar a poboación grazas á actividade mineira. A medida que avanza o século, a poboación mantén o seu crecemento, sendo esta máis perentorio no último decenio, debido ao aumento da produción de carbón desta década, e na primeira do século XX. Esta tendencia tivo un parón durante a época de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]] e a [[república española|república]], volvendo ter unha disposición á alza ao acabar a [[guerra civil española]], na que se produce a maior concentración de persoas no concello con 28.000 na década dos sesenta. A partir de aquí empeza a reducirse a poboación debido a unha graduada redución da actividade mineira, ás sucesivas crises económicas e tamén dunha concepción máis moderna da familia, cunha planificación á hora de ter fillos. Hoxe en día a maioría da poboación concéntrase no fondo dos vales, tendo [[Sotrondio]], [[Blimea]] e [[O Entrego]] o maior número de habitantes.
 
== Economía ==