Sistema de determinación do sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
Hai dous grandes grupos de sistemas de determinación sexual:
* Sistemas de '''determinación xenética''': Os [[macho]]s e as [[femia]]s teñen diferentes [[alelo]]s dun certo xene ou mesmo diferentes [[xene]]s que especifican a súa morfoloxía sexual. Nos animais isto está normalmente acompañado por unha diferenza cromosómica e realízase a través de combinacións de certos cromosomas, chamados '''[[cromosoma sexual|cromosomas sexuais]]''', como ocorre na [[determinación do sexo XY]], na [[determinación do sexo ZW|ZW]] ou na [[determinación do sexo X0|X0]], ou pola presenza de dotacións cromosómicas completas ([[ploidía]]), como ocorre na [[determinación do sexo por haplodiploidía]]. A diferenciación sexual xeralmente empeza por un xene principal, que é o [[locus]] sexual, e despois moitos outros xenes actúan nun efecto [[dominó]].
* Sistemas de '''determinación ambiental''': Depende de variables ambientais como a [[temperatura]] ([[determinación do sexo pola temperatura]] nos réptiles) ou variables sociais como o tamaño dun organismo en relación co doutros membros da poboación. A determinación sexual ambiental pénsase que apareceu antes ca a xenética, xa que se cre que os reptilesréptiles que determinaban o sexo pola temperatura foron os antepasados comúns das especies que teñen cromosomas sexuais. Algunhas especies non teñen o sexo dos individuos firmemente establecido, xa que este pode cambiar ao longo da vida do animal dependendo de certas circunstancias e sinais ambientais.
 
==Orixe dos cromosomas sexuais==
Liña 30:
=== Sistema XX/X0 ===
{{AP|Determinación do sexo X0}}
Pode considerarse unha variante do sistema XY no que as femias teñen dúas copias do cromosoma X (XX) e os machos só unha e non teñen Y (X0, xe-cero). O ''0'' (cero) indica a ausencia do segundo cromosoma sexual. Xeralmente neste método o sexo determínase pola cantidade de xenes expresados entre os dous cromosomas X. Este sistema é o que utilizan certos [[insecto]]s, como os [[saltón]]s e [[Grilo (insecto)|grilo]]s da orde [[Orthoptera]] e as [[cascuda]]s da orde [[Blattodea]].
 
Un pequeno número de mamíferos teñen un sistema similar ao X0, xa que perderon o seu cromosoma Y. Entre eles están os roedores ''[[Tokudaia osimensis]]'' e ''[[Tokudaia tokunoshimensis]]''. Ademais os roedores ''[[Ellobius]]'' presentan unha forma de determinación X0 na que ambos os sexos carecen dun segundo cromosoma sexual. <ref>Just W, Baumstark A, Süss A, Graphodatsky A, Rens W, Schäfer N, Bakloushinskaya I, Hameister H, Vogel W. Ellobius lutescens: sex determination and sex chromosome. Sex Dev. 2007;1(4):211-21. PMID 18391532. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/18391532]</ref>