Traquea (vertebrados): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 47:
A traquea noutros [[mamífero]]s é similar á humana. En xeral, a traquea dos réptiles é tamén bastante similar. <ref name=VB>{{cita libro |autor=Romer, Alfred Sherwood, Parsons, Thomas S.|ano=1977 |título=The Vertebrate Body |editor=Holt-Saunders International |lugar= Philadelphia, PA|páxinas= 336–337|isbn= 0-03-910284-X}}</ref>
 
Nas [[aveaves]]s a traquea vai da [[farinxe]] á [[sirinxe]], a partir da cal diverxen os bronquios principais. Os [[cisne]]s teñen unha traquea inusualmente alongada, parte da cal está enroscada detrás do [[esterno]], o que fai que poida actuar como un resoador que amplifica o son. Nalgunhas aves, os aneis cartilaxinosos son completos, e poden mesmo osificarse. <ref name=VB/>
 
Nos [[anfibio]]s, a traquea é normalmente moi curta, e chega directamente aos pulmóns, sen presentar uns bronquios primarios ben definidos. Porén, traqueas máis longas atópanse nalgunhas [[píntega]]s de pescozo longo, e nas [[cecilia]]s. A traquea dos anfibios ten nódulos cartilaxinosos irregulares, pero non forma os aneis cartilaxinosos que se encontran nos vertebrados [[amniota]]s. <ref name=VB/>