Bora, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|concello +|mapa = \n|concello)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
'''Santa Mariña de Bora''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Pontevedra]]. Segundo o padrón municipal de [[2008]] tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución do 6,65 % en relación ao ano [[2000]] cando tiña 872 habitantes.
 
Limita coas parroquias de [[Xeve, Pontevedra|Santo André de Xeve]], [[Mourente, Pontevedra|Mourente]] e [[Marcón, Pontevedra|Marcón]] (tamén do concello de Pontevedra) e coas de [[Tenorio]] e [[Almofrei, Cotobade|Almofrei]] (do concello de [[Cotobade]]). Está atravesada pola estrada [[N-541]].
 
Está delimitada polos ríos [[Río Lérez, ría de Pontevedra|Lérez]] e [[río Almofrei|Almofrei]]. Sobre eles hai dúas pontes antigas. Nunha delas librouse en 1809 unha decisiva batalla na [[Guerra da Independencia Española]] contra as tropas francesas do [[Michel Ney|xeneral Ney]].