Lectura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 48:
Os humanos pertencentes ás sociedades en que as necesidades primarias están cubertas enfrontámonos case dende meniños a todo tipo de textos escritos. Primeiramente, son verdadeiros xeroglíficos imposibles de descifrar: unha serie de riscos e borranchos nunha folla de papel; mais, pouco e pouco, non sen axuda, damos en descubrir unhas regularidades que nos permiten identificar a relación que se establece entre os [[grafema]]s e os [[fonema]]s, aínda sen sermos coñecedores desta [[terminoloxía]]. A práctica reiterada, acaba por nos converter en descifradores de [[signo]]s, pero, para o mesmo é necesario seguir un proceso de aprendizase no cal os especialistas distinguen catro etapas:
 
[[Ficheiro:Etapas de aprendizaxe da lectura.png|centercentro|600px]]
:1. '''Lectura logográfica''': As palabras escritas interprétanse como [[logo]]s, non se segmentan e decodifican, a tal palabra escrita corresponde un son e un significado. ''A estratexia logográfica é empregada nos primeiros momentos da aprendizaxe da lectura, cando os nenos identifican palabras coñecidas a partir de pistas visuais [...] que aprenderon a asociar co significado da palabra, sen relación coa forma fonolóxica<ref>[http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0718-22282007000100003&script=sci_arttext Beatriz Diuk: El Aprendizaje Inicial de la Lectura y la Escritura de Palabras en Español: Un Estudio de Caso] </ref>
:2. '''Lectura alfabética''': Segméntanse as palabras escritas e cada segmento recoñécese como un fonema que, ademais de poder ser conmutable por outro, combínase sintagmáticamente co seguinte permitindo pronunciar a sílaba e a palabra. É a etapa en que se asimila e perfecciona a ''decodificación fonolóxica''<ref>[http://jardindehadas-itzel.blogspot.com/2008/09/procesos-de-adquisicin-de-la-lectura-y.html La magia de enseñar]</ref>, procedemento fonolóxico ou vía fonolóxica.