Arco da vella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 7:
 
A explicación deste [[meteoro]] atópase na [[dispersión cromática]] que provocan as pingas de [[auga]] condensada presentes no [[aire]], descompoñendo os [[raio]]s policromáticos procedentes do sol, e desviando o [[raio]] correspondente a cada cor cun ángulo diferente. Isto á vez débese á dependencia que exhibe o [[índice de refracción]] da auga respecto da [[frecuencia]], [[longura de onda]] ou [[cor]] da luz, resultando en diferentes ángulos de [[refracción]] para as diferentes cores.
[[Ficheiro:DispersionPingaAuga.png|miniatura|200px|centercentro|Dispersión cromática da luz solar por unha pinga de auga]]
 
Como se pode ver no esquema seguinte, o arco da vella é unha ilusión óptica no senso de que a imaxe que resulta da descomposición espectral, fórmase na zona onde se sitúa o observador. Se un fai a proba e acode ao lugar onde semella repousar a parte vermella do arco da vella, non vai atopar luz vermella, só as pingas e a luz case aínda sen descompoñer.
[[Ficheiro:RainbowFormation LandscapeScheme.png|miniatura|200px|centercentro|Formación do arco da vella]]
 
Outro fenómeno asociado a este é o '''arco da vella secundario''', que aparece a 50-53 [[grao]]s respecto do primario (o habitual) e cuxa característica máis chamativa é presentar as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha [[reflexión]] adicional antes de saír da pinga de auga (pódese ilustrar trazando os raios na pinga da figura de enriba ou nun [[prisma]] se se prefire). Só é visíbel cando o primario é moi intenso, senón a luz que sofre esta reflexión é escasa e non se percibe.
[[Ficheiro:Double-Rainbow.jpg|miniatura|300px|centercentro|Arco da vella primario e secundario (nótese a inversión das cores no segundo)]]
 
== O arco da vella na cultura popular galega ==