Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 47:
# A flor de magnoliófita caracterízase por posuír un pedicelo que nace na axila de unha bráctea, que remata nun receptáculo portador dos verticilos ou espirais de sépalos, pétalos, estames e carpelos (nese orde). Os sépalos e pétalos son follas estériles non presentes no resto das espermatófitas. Polo xeral os '''sépalos''' son verdes e fotosintéticos, e teñen unha función de protección da flor cando aínda está en formación, mentres que os '''pétalos''' son vistosos e coloridos, e teñen unha función de atracción dos axentes polinizadores, polo xeral animais. Polo xeral os '''estames''' constan dun filamento e unha antera, e a antera posúe 4 microsporanxios (sacos polínicos) unidos por tecido conectivo. O [[gametófito]] masculino fica reducido a tres células (dúas son espermáticas e a terceira forma o [[tubo polínico]]). Polo xeral os '''carpelos''' son follas pechadas que manteñen os óvulos no seu interior, diferéncianse nunha superficie preparada para recibir o gran de pole chamada '''estigma''', unha gorxa ('''estilo''') preparado para facer medrar o tubo polínico cara os óvulos, e unha cámara que contén os óvulos chamada '''ovario'''. O gametófito feminino ("[[saco embrionario]]") en xeral fica reducido a sete células. Os óvulos están unidos á parede do ovario cun tecido ás veces chamado "placenta", e o xeito de unión (ou "tipos de placentación") é útil para a determinación das familias. Non hai que confundir esta placentación coa placenta que une o embrión co gametófito feminino (característica de todas as embriófitas).
# Nas magnoliófitas prodúcese o fenómeno de [[dobre fecundación]]. Isto quere dicir que os dous núcleos espermáticos que ceiban o gran de pole fecundan un o óvulo (producindo o cigoto que dará o futuro esporófito adulto) e o outro a unha célula diploide, producindo un tecido 3n (triploide) de reserva chamado '''endosperma'''.
[[Ficheiro:Ciclo de Vida das Anxiospermas GL.png|400px|centercentro|miniatura|Ciclo de vida]]
[[Ficheiro:Flor diagrama-gl.svg|miniatura|centercentro|400px|Debuxo esquemático dunha flor de magnoliófita ancestral con todas as súas partes.<small> As flores de magnoliófitas diferéncianse das flores do resto das espermatófitas en que posúen verticilos ou espirais ordenados de sépalos, pétalos, estames e carpelos, os carpelos pechan os óvulos e reciben o pole sobre a súa superficie estigmática en troques de directamente sobre o óvulo como en ximnospermas. Debuxado e traducido ao galego a partir de Judd'' et al.'' (2002).</small></center>]]
 
[[Ficheiro:Diagrama Melocotón GL.PNG|400px|centercentro|miniatura|Froito de anxiosperma.]]
 
[[Ficheiro:720px-Avocado seed diagram-gl.png|400px|centercentro|miniatura|Semente de anxiosperma.]]
 
== Outros caracteres morfolóxicos ==
Liña 121:
As evidencias sinalan que un bo número de trocos na composición florística do Cretácico (hai 140-80 millóns de anos) coinciden cunha época de trocos ambientais globais, que inclúe unha actividade tectónica elevada, unha diminución de oxíxeno nos océanos, e unha expansión do chan oceánico cunha definitiva ruptura da Panxea, ca consecuente formación dos continentes de África e Sudamérica, e tornando distinguibles os pratos da India, Australia e a Antártida. Tamén houbo trocos importantes na composición da atmosfera debido á intensa actividade volcánica (principalmente aumento da concentración de dióxido de carbono), probablemente un subseguinte aumento da temperatura global, un aumento duns 100 metros no nivel do mar, e a desaparición dos xeos polares.
 
[[Ficheiro:Cretacico-isotermas-y-mapamundi.svg|miniatura|centercentro|500px|'''Superficie terrestre durante o cretácico medio'''<small> (hai uns 100 millóns de anos). Nótense as isotermas, que anticipan que a temperatura global promedio era uns 4,8 °C máis alta que agora, e a ruptura da Panxea: cara o Norte obsérvanse Norteamérica e Europa, cara o Sur a Antártida, Australia e a India (aquí amplificados pola deformación do mapamundi), e no centro os continentes de África e Sudamérica.</small>]]
 
As evidencias con respecto á composición florística sinalan que nesa mesma época houbo un número de innovacións clave nas magnoliófitas que as fixeron máis resistentes á seca e polo tanto mellor adaptadas ás condicións ambientais novas, entre as que se inclúen follas e reducidas en tamaño, unha capa externa da semente que a protexía da sequidade, a aparición de feixes vasculares máis eficientes na condución da auga ("vasos xilemáticos"), e o hábito deciduo ( aínda que esta última característica tamén era observada en varias ximnospermas). Até día de hoxe non temos evidencia de que eses trocos ambientais globais (coñecidos como o "episodio superpluma" ou "superplume episode" en inglés) teñan desencadeado a diversificación das magnoliófitas, só hai evidencia de que ocorreron de vez.