Vaga de calor europea de 2003: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 200:
 
=== Portugal ===
En Portugal, durante a vaga de calor houbo numerosos incendios forestais. O 5% do monte e o 10% dos bosques (215.000 hectáreas) foron destruídos, aproximadamente 4.000 quilómetros cadrados. Ademais, 18 persoas faleceron nos incendios e houbo entre 1.866 e 2.039 mortes pola calor.<ref>http://www.onsa.pt/conteu/onda_2003_relatorio.pdf</ref> As temperaturas chegaron ata os 48ºC en [[Amareleja]], no sueste do país. O [[1 de agosto]] foi o día máis caloroso en séculos, con temperaturas nocturnas próximas aos 30ºC. Ese mesmo día producíuse unha gran tormenta na zona sur durante a madrugada e os días seguintes o vento quente do [[Sahara]] foi intenso.<ref>{{Cita Webweb|url=http://www.portugaldiario.iol.pt/especial_artigo.php?div_id=&id=129119 |título=Portugal Diário |idioma=portugués |editor=Portugaldiario.iol.pt |data= |dataacceso=2010-03-15}}</ref>
 
=== Italia ===
O verán de 2003 foi un dos máis cálidos dos últimos tres séculos en [[Italia]] e as temperaturas máximas dos meses de xullo e agosto estiveron por enriba dos 30ºC. A alta [[humidade]] aumentou a sensación da calor na poboación. Moitas estacións rexistraron longos períodos de temperaturas extremas. Por exemplo, a estación meteorolóxica de [[Catenanuova]], en [[Sicilia]], rexistrou unha media mensual de 31,5ºC en xullo, cunha máxima absoluta de 46,0ºC o [[17 de xullo]]. O promedio de temperaturas máximas nesta estación foron de 36ºC en xuño, 38,9ºC en xullo e 38ºC en agosto de [[2003]].<ref>{{Cita Webweb| editor= Dipartimento dell'Acqua e dei Rifiuti | url = http://www.osservatorioacque.it/dati/ANNALI/annale_2003_parte_I.pdf | título = Table I – Daily temperature readings | dataacceso= 2011-04-23 }}</ref>
 
=== Chipre ===
Liña 209:
 
=== Países Baixos ===
Houbo aproximadamente 1.500 mortes nos [[Países Baixos]] pola calor, especialmente persoas maiores.<ref name="eurosurveillance.org">{{Cita Webweb|url=http://www.eurosurveillance.org/ViewArticle.aspx?ArticleId=557 |título=View Article |editor=Eurosurveillance |dataacceso=2010-03-15}}</ref> A vaga de calor non rompeu aquí ningún rexistro, pero a temperatura máis alta rexistrada foi o [[7 de agosto]], cando se rexistrou en [[Arcen]], en [[Limburgo]], unha temperatura de 37,8ºC, que está 0,8ºC por debaixo do récord do estado (desde [[1704]]). O [[8 de agosto]] a temperatura foi de 37,7ºC e o [[12 de agosto]], 37,2ºC.<ref>{{Cita Webweb|title=KNMI - Daggegevens van het weer in Nederland |autor=KNMI, Klimatologie, Job Verkaik, Jon Nellestijn, Rob Sluijter |url=http://www.knmi.nl/klimatologie/daggegevens/index.cgi|dataacceso=2009-08-06}}</ref>
 
=== Alemaña ===
Liña 215:
 
=== Suíza ===
O derretemento dos glaciares nos [[Alpes]] causou [[inundación]]s repentinas e [[avalancha]]s en [[Suíza]]. Un novo récord de temperatura a nivel nacional de 41,5ºC foi rexistrado en [[Grono]], no cantón dos [[Grisóns]].<ref>{{Cita Webweb|url=http://www.meteoschweiz.admin.ch/web/en/research/good_to_know/records/switzerland.html |título=MeteoSwiss - Switzerland |dataacceso=3 de maio de 2008}}</ref>
 
=== Reino Unido ===
O [[Reino Unido]] en xeral sufría un verán cálido con temperaturas bastante máis altas que a media. Con todo, os ciclóns do Atlántico trouxeron un tempo máis fresco e húmido a finais de xullo e principios de agosto, xusto antes de que as temperaturas comezaran a aumentar considerablemente a partir do [[3 de agosto]]. Batéronse varios rexistros, incluíndo a temperatura máis alta estatal, cos 38,5ºC rexistrados en [[Gravesend]], en [[Kent]], o [[10 de agosto]]. [[Londres]] tamén rexistrou 38,0ºC. Tamén en [[Escocia]] alcanzáronse novos récords, con 32,9ºC en [[Greycrook]] o [[9 de agosto]].<ref>{{Cita Webweb|url=http://www.metoffice.gov.uk/corporate/pressoffice/anniversary/records2003.html |título=Great weather events: Temperatures records fall in summer 2003 |editor=Met Office |data=2008-11-19 |dataacceso=2010-03-15}}</ref> Segundo a BBC ao redor de 2.000 persoas máis do habitual morreron no [[Reino Unido]] durante a vaga de calor de 2003.<ref>{{Cita Webweb|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/health/3161390.stm |título=Deaths up by 2,000 in heatwave |editor=BBC |data=2003-10-03 |dataacceso=2011-12-03}}</ref>
 
=== Irlanda ===