Unión de Nacións Suramericanas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 1:
A '''Unión de Nacións Suramericanas''' (coñecida polo seu [[acrónimo]] '''UNASUR''') é unha comunidade política e económica que integra os doce países independentes de [[América do Sur]]: [[Arxentina]], [[Bolivia]], [[Brasil]], [[Chile]], [[Colombia]], [[Ecuador]], [[Güiana]], [[Paraguai]], [[Perú]], [[Suriname]], [[Uruguai]] e [[Venezuela]].
 
A Secretaría Xeral do organismo ten sede permanente na cidade de [[Quito]], [[Ecuador]], aínda que temporalmente se sitúa en [[Brasilia]], mentres que o Parlamento da Unión se localiza na cidade boliviana de [[Cochabamba]]<ref>{{Cita Webweb|url=http://www.opinion.com.bo/Portal.html?CodNot=28893&CodSec=18|título=Unasur tendrá parlamento en Bolivia|ano=2008|obra=opinion.com|dataacceso=25-05-08}}</ref>. A Unión de Nacións Suramericanas ten como obxectivo construír, de maneira participativa e consensuada, un espazo de integración e unión no cultural, social, económico e político entre os seus integrantes, utilizando o diálogo político, as políticas sociais, a educación, a enerxía, a infraestrutura, o financiamento e o medio ambiente, entre outros, para eliminar a desigualdade socioeconómica, lograr a inclusión social, a participación cidadá e fortalecer a [[democracia]].
 
O tratado constitutivo asinouse o 23 de maio de 2008 na cidade de [[Brasilia]] onde se estruturou e oficializou a Unión. Durante este cume, a presidenta de Chile, [[Michelle Bachelet]], foi elixida presidenta pro tempore da organización por un período dun ano.