Reunificación alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 1:
[[Ficheiro:Flag map of Germany (separation).svg|miniatura|Alemaña actual, máis arriba as rexións que foron separadas despois de 1948:<br />• República Democrática Alemá,<br />• Berlin (Occidental),<br />• República Democrática Alemá (adhesión 1990) e<br />• Sarre (adhesión 1957)]]
A '''reunificación alemana''' ([[alemán]]: ''Deutsche Wiedervereinigung'') tivo lugar o [[3 de outubro]] de [[1990]], cando as áreas da antiga [[República Democrática Alemá]] (Alemaña Oriental) foron unificadas coas da [[Alemaña Occidental|República Federal de Alemaña]] (Alemaña Occidental). Despois das eleccións multipartidarias da Alemaña Oriental o [[18 de marzo]] de [[1990]], as negociacións entre a Alemaña Oriental e maila Alemaña Occidental culminaron nun Tratado de Unificación, as negociacións entre ambas as dúas nacións alemás e os catro poderes de ocupación produciron o chamado "''[[Tratado Dous Máis Catro]]''" que pretendía garantir a independencia total a un estado alemán reunificado.<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2309776,00.html | título = A reunificación de Alemaña (1990) | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 19.01.2007 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = alemán}}</ref> A [[Alemaña]] reunificada converteuse nun membro da [[Comunidade Europea]] (despois [[Unión Europea]]) e a [[OTAN]]. O termo "reunificación" emprégase en contraste coa [[Unificación alemana|primeira unificación]] de Alemaña ([[Imperio Alemán]]) en [[1871]].
 
== Oríxes ==
Liña 9:
En [[1952]] [[Iósif Stalin]] propuxo un plan de reunificación das nacións alemás baixo térmos moi semellantes aos que se adoptaron ao pouco tempo en [[Austria]]. A ''"[[Nota de Stalin]]"'' requería que se crease unha Alemaña neutral, a cal tería a súa fronteira oriental na [[liña de Oder-Neisse]]. Stalin tamén fixo un chamamento a que todas as tropas aliadas retirásense da zona no prazo dun ano. O chanceler da Alemaña do Oeste, [[Konrad Adenauer]], anunciou que preferiría que Alemaña se integrase ao resto da [[Europa Occidental]] e ademais pediu que en caso dunha reunificación debesen de haber eleccións supervisadas por observadores da comunidade internacional. Os Soviéticos rexeitaron a proposta de Adenauer pero Stalin anunciou unha nova proposta na cal Alemaña tería o territorio que ocupara o [[31 de decembro]] de [[1937]] pero debía de afiliarse ao [[Pacto de Varsovia]] (ou sexa unirse ao [[Bloque do Leste]]).
 
A partir de [[1949]] a República Federal de Alemaña se converteuse nun país cun goberno parlamentario [[democracia|democrático]] e implementou un sistema capitalista inspirado nunha ''"economía social de mercado"''.<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2697018,00.html | título = “Economía social” para todos | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 18.07.2007 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref> Na década de [[1950]], Alemaña do Oeste viviu un chamado "Milagre Económico" ([[Wirtschaftswunder]]), e a súa economía medrou fortemente. Na República Democrática, o goberno tomou unha postura económica que emulaba á soviética, ou sexa, centralmente planificada. A RDA converteuse na nación máis rica do bloque oriental, aínda que o seu crecemento foi menor ao da RFA. En [[1961]] o goberno de Alemaña do Leste construíu o [[muro de Berlín]], que dividiu as seccións da Alemaña Democrática e da Federal.
 
Inicialmente a República Federal de Alemaña e os seus aliados da [[OTAN]] non recoñeceron os gobernos da República Democrática nin os o da República Popular de Polonia baixo a [[Doutrina Hallstein]]. As relacións entre as dúas nacións alemás permaneceron case inexistentes ata que o chanceler [[Willy Brandt]], da República Federal, lanzou un programa de achegamento co leste (a esta política chamóuselle ''[[Ostpolitik]]'') na década de [[1970]].
Liña 19:
[[Ficheiro:Thefalloftheberlinwall1989.JPG|miniatura|250px|A caída do muro de Berlín foi un dos feitos máis trascendentes da segunda metade do [[século XX]]]]
 
En agosto de 1989, [[Hungría]] eliminou as súas restricións fronteirizas con [[Austria]] e en setembro máis de 13.000 alemáns do Leste cruzaron a nova fronteira aberta na [[pano de aceiro]]. Manifestacións de masas contra o goberno da Alemaña Oriental comezaron a finais de 1989, fomentadas segundo fontes oficiais por forzas externas. Enfrontado ao malestar civil dalgúns sectores, o dirixente de Alemaña Oriental [[Erich Honecker]] dimitiu o 18 de outubro de 1989. Seguiron máis dimisións ata renunciar a totalidade do gabinete da Alemaña Oriental o 7 de novembro. As restricciones a viaxar para os alemáns do Leste foron a continuación abolidas polo novo goberno o 9 de novembro de 1989,<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2897575,00.html | título = Día del destino | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 09.11.2007 | dataaacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref> e moita xente dirixiuse inmediatamente ao Muro onde os policías de fronteiras abriron os puntos de acceso e permitíronlles atravesalos. Envalentonados, moitos alemáns de ambos os dous lados comezaron a derrubar as propias seccións do Muro, encabezando un dos feitos máis significativos do [[século XX]].
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-1990-0101-006, Berlin, Neujahrsfest.jpg|Alemáns celebrando a caída do muro|miniatura|left]]
O 18 de marzo de 1990, tiveron lugar as primeiras eleccións multipartidistas na RDA -ata entón gobernaba un [[Fronte Popular]], dando lugar a un goberno cuxo maior mandato foi negociar o final do mesmo e do seu estado. Como un dos ideólogos da Alemaña Oriental dicía en 1989, "''Polonia seguirá sendo [[Polonia]], ata se cae o comunismo, pero sen comunismo Alemaña Oriental non ten razón para existir''".
Liña 39:
== Efectos de la reunificación ==
 
Cada ano, o 3 de outubro, Alemaña celebra o seu aniversario con festas ao longo de todo o país e unha cerimonia solemne a cargo do estado federado que detenta a presidencia de quenda do [[Bundesrat]].<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2807256,00.html | título = Alemania 17 años después | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 03.10.2007 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref>
 
O custo da reunificación foi unha pesada carga para a economía alemá e contribuíu á ralentización do seu crecemento económico nos anos recentes. Os custos da reunificación estimáronse nun importe que excede 1,5 billóns de [[euro]]s (segundo a [[Universidade Libre de Berlín]]). Isto é máis que a débeda nacional do Estado Alemán. Algúns economistas cren que a causa fundamental foi a grave debilidade da economía da Alemaña Oriental ao comparala coa da Alemaña Occidental, combinada cos tipos de conversión (motivados políticamente) do [[Marco da RDA]] ao [[Marco alemán]], que non reflectía esta realidade económica, dando como consecuencia unha repentina (a miúdo fatal) perda de competitividade das industrias da Alemaña Oriental, provocando a súa creba en moi pouco tempo. Debido a este efecto, varias empresas tiveron que privatizarse.<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2192882,00.html | título = Alemania: de la reunificación a la globalización | ano = 2006 | obra = [[Deutsche Welle]] 03.10.2006 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref>
 
O ''"suplemento de solidariedade"'' é un imposto que o Goberno recauda e co cal, dende 1991, financiou a ''"reconstrución do Leste"''. Calcúlase ata 2007, 10 mil millóns de euros sumou esta achega.<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2788785,00.html | título = Alemanes seguirán pagando su reunificación | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 19.09.2007 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref>
 
Como consecuencia da reunificación, a maior parte da anterior RDA foi desindustrializada, provocando unha taxa de desemprego de ao redor do 20%. Dende entón, centos de miles de anteriores alemáns orientais continuaron migrando á Alemaña Occidental para atopar traballo, dando lugar a perda de porcións significativas de poboación, en especial entre as profesións de alta preparación. Tamén se cre que son a verdadeira causa da maioría dos problemas en Alemaña, dos cales cúlpase á conversión ao euro. O [[Bundesbank]] (Banco Central) insistiu sempre que os problemas económicos non son consecuencia do euro, e que é un problema o cal Alemaña por si mesma debe solucionar (presumiblemente facendo referencia á reunificación).
 
Alemaña continúa tendo dúas capitais. Berlín ostenta o título e alí teñen as súas sedes o Goberno Federal e o Parlamento sumando 8.000 funcionarios aproximadamente. En Bonn quedaron seis ministerios, que representan 11.000 funcionarios.<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2309093,00.html | título = La eterna disputa entre Bonn y Berlín | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 13.01.2007 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref>
 
Por outra banda entre 1990 e 2007, aproximadamente 1,8 millóns de alemáns emigraron ao exterior.<ref>{{Cita Webweb| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2462913,00.html | título = ¡ Adiós, Alemania! | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 05.05.2007 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref>
 
== Notas ==