Prone Lugo AD: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 33:
En [[1995]], o Prone Lugo inscribiuse nas competicións nacionais e desenvolveuse como institución profesional, coa creación dunha escola de fútbol e a contratación de xogadores a tempo completo. Na tempada 1996/97 os lucenses compraron a praza dun club do [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]] en [[Primeira Nacional A]], e en dúas campañas ascenderon a División de Prata. En [[1998]], co nome de ''Airtel Prone Lugo'', gañouse a primeira [[Copa Xunta de Galicia de Fútbol sala|Copa Xunta de Galicia]], trofeo máis importante a nivel autonómico.
 
Ao seu paso pola División de Prata, o Prone Lugo convértese nun dos clubs máis fortes da división. Tras terminar terceiros no seu primeiro ano, os galegos finalizaron primeiros en 1999/2000 e xogaron a fase de ascenso, onde caeron ante o [[FC Barcelona Futsal|FC Barcelona]]. Aínda que o equipo non puido ascender no terreo de xogo, aproveitou a desaparición do [[CLM Talavera]] para comprar a súa praza, grazas á posición alcanzada a campaña anterior. Deste xeito, Lugo debutou na [[Primera División de Futsal|División de Honra]] da LNFS en 2000/01.<ref name="desaparicion">{{Cita Webweb|url=http://hemeroteca-paginas.elmundodeportivo.es./EMD02/PUB/2000/07/01/EMD20000701054MDG.pdf|título=Ratificada a exclusión do campión CLM Talavera da LNFS|dataacceso=[[19 de xaneiro]]|anoacceso=[[2010]]|data=[[1 de xullo]] de [[2000]]|autor=Arias, Alberto|editor=[[El Mundo Deportivo]]|idioma=español}}</ref>
 
Co nome de ''Café Candelas Lugo'', o equipo descendeu tras terminar en antepenúltima posición e perder no playoff de permanencia. Con todo, os lucenses remontaron a súa situación e recuperaron a máxima categoría en 2002. De novo en Primeira, o equipo centrouse en mellorar a súa estrutura e asegurar a permanencia. Ese mesmo ano chegou como patrocinador a empresa de transportes [[Azkar]], polo que o equipo pasou a chamarse ''Azkar Lugo FS''.