Tenis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 21:
 
=== Pelotas ===
As pelotas de tenis están feitas de goma oca cun revestimento de feltro. Malia seren orixinalmente de cor branca, a cor predominante foi cambiando gradualmente ata un amarelo óptico<ref>En inglés, "''Optic Yellow''".</ref><ref name="The Ball">{{Cita Webweb|url=http://tennis.about.com/od/tennisballfaq/f/faqballs011.htm|título=Tennis Ball FAQ - Color|editor=about.com|dataacceso=30-07-2008}}</ref> durante a última parte do século XX para permitir unha mellor visibilidade. A pelota debe ter un diámetro comprendido entre 6,350 e 6,668cm e a súa masa pode variar desde os 56,7 ata os 58,5 gramos. Lanzada desde 254 centímetros de altura sobre unha base de formigón, unha pelota debe rebotar entre 134,62 e 147,32cm<ref>[http://tennistik.free.fr/regles.php?p=balle Características técnicas das pelotas de tenis] {{Fr}}</ref>.
 
=== Vestimenta ===
Liña 31:
{{AP|Cancha de tenis}}
[[Ficheiro:Tennis court metric.svg|miniatura|Dimensións dunha pista de tenis.]]
A pista de xogo é un rectángulo de superficie chá, adoito de herba, arxila<ref>Tamén chamada de po de ladrillo ou terra batida.</ref>, cemento ou asfalto (pistas duras) ou moqueta para pistas en interior. A pista ten 23,77 [[metro]]s de longo e 8,23m de largo, para individuais, e 10,97m, para dobres<ref name=TCS>{{Cita Webweb|url=http://www.sportsknowhow.com/tennis/dimensions/tennis-court-dimensions.html|editor=Sportsknowhow.com|título=Tennis court dimensions|dataacceso=29-05-2007}}</ref>. De todos os xeito, existe un espazo adicional en torno á cancha, necesario para que os xogadores poidan atinxir as pelotas que sobrepasan as liñas ao botaren. Como división equitativa dos campos de cada xogador, hai unha rede separadora do largo da pista e paralela ás liñas de fondo. Esta rede ten unha altura de 1,07m na zona dos postes que a suxeitan e 91,4cm na parte central<ref name=TCS/>.
 
A cancha de tenis moderno debe o seu deseño a [[Walter Clopton Wingfield]] que, en 1873, patentou unha pista moi semellante á actual para o [[Stické|tenis stické]] (sphairistike), un deporte inventado por el. Este modelo foi modificado en 1875 ata o actual que existe hoxe, con marcas similares ás da versión de Wingfield, mais coa súa forma de [[reloxo de area]] convertida nun rectángulo<ref name="Tennis court history">{{Cita Webweb|url=http://www.itftennis.com/technical/equipment/courts/history.asp|título=Tennis court history - Grass|editor=ITF|dataacceso=28-07-2008}}</ref>.
 
=== Liñas ===
As liñas de delinean o largo da cancha chámanse liña de fondo e liña de saque. As liñas máis exteriores que marcan o longo chámanse as liñas de dobres; úsanse ao xogar de dobres. As liñas que se atopan dentro das de dobres (paralelas a estas) son as de individuais; son o límite do campo en modalidade individual. A área que se atopa entre a liña de dobres e a liña de individuais denomínase canella de dobres, e forma parte da pista durante os partidos de dobres. Por outra banda, a liña que atravesa o centro do campo dun xogador é a liña de servizo, que coa liña que divide a liña de servizo en dous, a liña central ou liña central de saque, forma as áreas, denominadas cadros de saque, onde debe botar a pelota ao efectuar o saque. Dependendo da puntuación actual (que inflúe na posición dos xogadores) a pelota deberá botar nun ou no outro cadro<ref name=autogenerated1>{{Cita Webweb|url=http://www.itftennis.com/shared/medialibrary/pdf/original/IO_30333_original.PDF|título=ITF rules - Rule 17|editor=ITF|dataacceso=04-09-2008}}</ref>. Considérase que unha pelota sae fóra cando ningunha parte dela dá na liña ou na área contida nas liñas no seu primeiro bote. É obrigatorio que todas as liñas midan entre 25 e 51mm de largo; aínda que as liñas de fondo poden ser de ata 100mm se se quixese<ref name="ITF Court rules">{{Cita Webweb|url=http://www.itftennis.com/shared/medialibrary/pdf/original/IO_30333_original.PDF|título=ITF rules - Rule 1|editor=ITF|dataacceso=04-09-2008}}</ref>.
 
== Regras de xogo ==