Fernando Fernán Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 44:
En 1947 casou coa cantante [[María Dolores Pradera]], divorciándose en 1959, coa que tivo unha filla, a actriz [[Helena Fernán Gómez]], e un fillo, Fernando, relacionado tamén co mundo da cultura. Voveu casar en 2000 coa actriz [[Emma Cohen]], coa que mantiña unha relación desde os anos 70 tras participar nun episodio dunha serie de TVE onde Emma era protagonista (''Tres eran tres'', 1973) xunto a [[Lola Gaos]].
 
Da súa man entrou o cine na [[Real Academia Española]], da que foi elixido membro en 1998<ref>{{Cita Webweb|url = http://www.elmundo.es/1998/12/18/cultura/18N0112.html|título = «"Este año es el colofón de mi carrera", dice Fernán-Gómez»|mesdíaacceso = 22 de novembro|anoacceso = 2007|editor = (xornal ''[[El Mundo]]'', 18 de diciembre de 1998)}}</ref> e tomou posesión do sillón B o 30 de xaneiro de 2000. Foi galardoado co [[Premio Príncipe de Asturias das Artes]] en 1995. Polifacético, querido e respectado polos profesionais da industria e por varias xeracións de espectadores, encontrou a popularidade como actor case ó principio da súa carreira cinematográfica co clásico da comedia negra ''Domingo de carnaval'' (do célebre realizador [[Edgar Neville]]), que protagonizou xunto a [[Conchita Montes]] en 1945. Dous anos antes aparecera como secundario noutro notable título do cine español dos cuarenta con ''Cristina Guzmán''. Ese mesmo ano acompañou á xa consagrada [[Imperio Argentina]] e ó recordado galán [[Alfredo Mayo]] na exótica comedia ''Bambú'' e participou tamén nun pequeno clásico da comedia fantástica con ''El destino se disculpa'', de [[José Luis Sáenz de Heredia]], seguindo o estilo do subxénero norteamericano en boga durante eses anos (como ''I Married a Witch'', de [[René Clair]], ou ''A Guy Named Joe'', de [[Victor Fleming]]). A partir de entón encadeou títulos de éxito considerados pola crítica actual como indispensables, traballando con [[Gonzalo Delgrás]] (''Los habitantes de la casa deshabitada''), [[Carlos Serrano de Osma]] (''Embrujo'', xunto a [[Lola Flores]] e [[Manolo Caracol]]), Sáenz de Heredia (''La mies es mucha'', ''Los ojos dejan huellas''), [[Ramón Torrado]] (''Botón de ancla''), [[José Antonio Nieves Conde]] (''Balarrasa'', ''El inquilino''), ou [[Luis Marquina]] (''El capitán Veneno''). Naquela época tamén traballou en [[Barcelona]] como actor de dobraxe.
 
Na década de 1950 consolidouse como actor principal en toda serie de comedias (''El fenómeno''), dramas (''La gran mentira'') e cine relixioso ''Balarrasa'', ''Molokai'', ou folclórico (''Morena clara'') propagandísticos ou directamente escapistas (o que en moitos sentidos tamén é considerado propaganda polos historiadores), ó tempo que interviña nunha das primeiras avanzadas do que posteriormente sería o «Novo cine español»: ''Esa pareja feliz'' de [[Juan Antonio Bardem|Bardem]] e [[Luis García Berlanga|Berlanga]]. Tamén participou nalgunhas co-producións de interés como ''La conciencia acusa'' (do xenial [[Georg Wilhelm Pabst]]) o ''Lo scapolo'' (de [[Antonio Pietrangeli]]) xunto a [[Alberto Sordi]], e por último, inicia unha incipiente carreira como director, con obras de encargo de desigual fortuna: neste sentido, sobresae a súa versión da novela de [[Wenceslao Fernández Flórez]] ''El malvado Carabel'' e dúas excelentes comedias nas que compartiu química e cartel coa deliciosa [[Analía Gadé]], unha das súas parellas artísticas máis recorrentes, como son ''La vida por delante'' e ''La vida alrededor''.
Liña 58:
Máis recentemente rodou a incomprendida ''Visionarios'', de Gutiérrez Aragón, ''El embrujo de Shangai'', con [[Fernando Trueba]], ''Para que no me olvides'', e a súa última gran interpretación, en ''[[En la ciudad sin límites]]'', de [[Antonio Hernández]].
 
[[Marisa Paredes]], presidenta da [[Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España]], na entrega da décima Medalla de Ouro, describiuno á perfección: «''Por anarquista, por poeta, por cómico, por articulista, por académico, por novelista, por dramaturgo, por único y por consecuente''».<ref>{{Cita Webweb|url = http://www.rojoynegro.info/2004/spip.php?article20140|título = «Nos ha dejado Fernando Fernán Gómez, un obrero de la Cultura»|mesdíaacceso = 22 de novembro|anoacceso = 2007|editor = ''Rojo y Negro''}}</ref>
 
O 19 de novembro de 2007 foi ingresado na área de Oncoloxía do madrileño [[Hospital Universitario La Paz]] para ser tratado dunha [[pneumonía]]. Faleceu en Madrid, o 21 de novembro de 2007, con 86 anos de idade.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/Fallece/Fernando/Fernan/Gomez/elpepucul/20071121elpepucul_8/Tes/ «Fallece Fernando Fernán Gómez»] (diario ''[[El País]]'', 21 de novembro de 2007).</ref> Tras anuncialo o presidente do Executivo, [[José Luis Rodríguez Zapatero]] na capela ardente do actor, o Goberno de España concedeulle o día 23 de novembro, a título póstumo, a [[Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio]].<ref>[http://es.noticias.yahoo.com/ep/20071123/ten-consejo-fernando-fernn-gmez-condecor-f9f3326_1.html Fernando Fernán-Gómez, condecorado con la Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio], noticia de [[Europa Press]] en Yahoo! Noticias.</ref> Tamén o alcalde de Madrid [[Alberto Ruiz-Gallardón]] anunciou que como homenaxe o [[Centro Cultural da Vila de Madrid]] pasaría a chamarse Teatro Fernando Fernán Gómez.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/Centro/Cultural/Villa/llamara/Teatro/Fernando/Fernan-Gomez/elpepucul/20071122elpepunac_10/Tes «El Centro Cultural de la Villa se llamará Teatro Fernando Fernán-Gómez»] (diario ''[[El País]]'', 22 de novembro de 2007).</ref> Na capela ardente o seu féretro foi recuberto cunha [[Símbolos anarquistas#Bandeira negrivermella|bandeira negrivermella]] anarquista, sendo posteriormente incinerado.