Zinedine Zidane: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 40:
| nationalgoals2 = 31
}}
'''Zinedine Yazid Zidane''', nado o [[23 de xuño]] de [[1972]] en [[Marsella]], é un ex-[[futbolista]] [[Francia|francés]], de familia orixinaria da [[Cabilia]] [[Alxeria|alxeriana]]. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por [[Pelé]], en asociación coa [[FIFA]]. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003. En 2004 foi elixido en unha enquisa por Internet promovida pola UEFA como O Mellor futbolista europeo dos últimos 50 anos.<ref>{{Cita Webweb | título=Players - Zinedine Yazid Zidane - Francia| url=http://www.footballdatabase.com/index.php?page=player&Id=11&pn=Zinedine_Yazid_Zidane | editorial=Footballdatabase |dataacceso=18-03-2008}}</ref>
 
Desenvolvíase na posición de mediapunta. Zidane era un centrocampista de gran técnica, preciosista, cunha gran visión de xogo e con toques xeniais.<ref>{{Cita Webweb| apelido=| nome=| título= Zidane, elixido mellor xogador do Mundial | publicación= Diario El Mundo| editorial= elmundo.es| url = http://www.elmundo.es/mundial/2006/2006/07/10/portada/1152521657.html| dataacceso= 20-09-2009}}</ref> Pese á súa calidade pasaba por longos períodos de irregularidade, non obstante terminaba as tempadas como un dos máis destacados do plantel.<ref>{{Cita Webweb| apelido=| nome=| título= Zidane, en busca dun sono: a Liga de Campións | publicación= Terra/Agencias| editorial= Terra Deportes| url = http://www.terra.es/espdep/articulo/html/dep18568.htm| dataacceso= 20-09-2009}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Debutou con 17 anos na [[Ligue 1]] francesa co [[AS Cannes]] nun partido contra o [[Football Club Nantes|Nantes]]. En [[1992]] ficha polo [[Girondins de Bordeos]], no que pasa catro anos. En [[1996]], ficha pola [[Juventus FC|Juventus]], equipo no que gaña varios trofeos de Liga, Copa, Supercopa de Italia e a [[Copa Intercontinental]].
 
Logo da súa destacada actuación na [[Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000|Eurocopa de 2000]], [[Florentino Pérez]] interésase polo xogador e o [[10 de xullo]] de [[2001]] foi presentado polo [[Real Madrid]]. Cifrouse a operación en 73,5 millóns de [[euro]]s, sendo a fichaxe máis cara da historia naquel entón.<ref name="Fichajes mas caros">{{Cita Webweb| título= Os 25 pases máis caros da historia do fútbol | publicación= Terra| editorial= mx.terra.com| url = http://www.mx.terra.com/futbol/europeo/0910/noticias/0,,OI3910980-EI14114,00.html| dataacceso= 06-09-2009}}</ref> En [[2002]] marcou o gol que daba a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] ao seu equipo contra o [[Bayer Leverkusen]] (2-1). Co club branco tamén gañou a [[Supercopa de Europa]] de [[2002]], a [[Primeira división española 2002/03|liga 2002/03]] e a [[Supercopa de España de Fútbol|Supercopa de España]] de [[2003]].
 
O [[7 de maio]] de [[2006]] xogou o seu penúltimo partido na liga, e último no [[Estadio Santiago Bernabéu]], partido no que marcou un dos tres goles do seu equipo contra o [[Villarreal CF]] (3-3) e foi ovacionado pola afección. O seu último partido foi contra o [[Sevilla FC]] no [[Estadio Ramón Sánchez Pizjuán]], no que tamén marcou un gol, aínda que o equipo perdeu (4-3).