Casiodoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: et:Cassiodorus
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 31:
O feito máis transcendental deste período de retiro de Casiodoro é, sen dúbida algunha, a fundación do mosteiro de ''Vivarium''; a data da súa fundación non se coñece con certeza: uns opinan que a fundación se remonta ao [[540]], pero iso non resulta moi verosímil, xa que Casiodoro non tivo tempo de fundar o mosteiro antes da súa marcha a Constantinopla, e non volveu a Calabria ata o [[555]] (o [[13 de agosto]]), a Pragmática sanción de [[Xustiniano I|Xustiniano]] autorizou aos emigrados italianos a regresar ao seu país). Polo tanto sería nesa época cando Casiodoro fundaría o mosteiro, nas súas terras familiares (Squillace). De todos modos, é posíbel que puidese haber fundado o ''Vivarium'' durante o tempo no que foi prefecto do pretoriado (arredor do 535) e que regresase ao seu país moito máis tarde (555).
 
O mosteiro de ''Vivarium'' debe o seu nome á dársena de mariñeiros que Casiodoro faría acondicionar ao pé do mosteiro (situado nun outeiro); a igrexa do mosteiro está dedicada a [[Martiño de Tours|San Martiño]] e, xunto ao mosteiro áchase o outeiro de ''Mons Castellum'', dedicada aos eremitas (nome que Casiodoro deu nas ''Institutiones'' describindo o lugar: ''De positione monasterii Vivarensis siue Castellensis –Inst. Div. 1,29) Casiodoro describiu o mosteiro de Vivarium utilizando o topos de ''locus amoenus'' (Variae 12, 15; Exposotio psalm. 103, 17; Inst. 1,29). O mosteiro de Vivarium constitúe unha especie de cidade na cal os '''''ciues religiosi''''' ''non terán que preocuparse da súa subsistencia material, debéndose consagrar aos oficios litúrxicos, ao exercicio das artes e, sobre todo, á copia e corrección de libros: Vivarium ten que ser un centro de primordial importancia para a transmisión de numerosos textos, tanto bíblicos, como litúrxicos ou pagáns''.
 
Casiodoro retirouse a ''Vivarium'' consagrando o seu prolongado retiro á súa obra literaria (''Institutiones'', ''Expositio epistulae ad Romanos'', ''liber memorialis'' ou ''liber titulorum'', ''Complexiones apostolorum'', ''De orthographia'''', que escribiu aos 90 anos).