Lacón con grelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 16:
O lacón con grelos nos seus inicios comíase sobre todo durante a celebración do [[entroido]], ao ser esta a mellor época para os grelos.
 
Pero máis tarde estendeu o seu período de consumo desde o [[Martiño de Tours|San Martiño]] (11 de novembro) até o [[martes de carnaval[[Entroido]] ou martes lardeiro. Nos meses de inverno ofértase nos restaurantes, nas tabernas, e cómese nas casas particulares e, cando uns amigos deciden un xantar comunal, fan unha ''[[lacón|laconada]]''.<ref>Cunqueiro, A., ''Op. cit.'', páx. 44.</ref>
 
E cos novos hábitos de cultivar determinadas plantas case todo o ano, e coas novas técnicas de conservación, combinando nabizas e grelos, hoxe xa é posíbel encontrar este suculento manxar diariamente en moitos restaurantes galegos e nalgúns do resto de España.<ref>Sueiro, J.-V., ''Op. cit.'', páx. 152.</ref>