Priscilianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Priscilijanstvo
Liña 2:
 
== Historia e características ==
Non se coñece moito sobre a doutrina priscilianista, porén sábese que o priscilianismo tiña como intención unha reforma da Igrexa dende dentro, aceptaba a participación da muller con iguais dereitos ao do home na vida da [[Congregación|Igrexa]], propugnaba a renuncia ao poder dos bispos, defendía a vida austera (con múltiples días de [[xaxún]], predicando a continencia e a virxindade) e priorizaba o [[ascetismo]] e o estudo da [[Biblia]], incluídos os [[apócrifo]]s, o que ía en detrimento da autoridade episcopal e do clero.
 
Aínda sendo Prisciliano bispo de Ávila, as súas doutrinas son condenadas (concilio de Zaragoza, concilio de Bordeos e, incluso despois da súa morte, no concilio de Toledo).