Deconstrución: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m metodoloxía |
m →Teoria: comunicación de masas |
||
Liña 28:
En canto ao sentido, segundo a deconstrución é interminablemente [[alegoría|alegórico]], polo que carece de univocidade e obviedade. Á [[linguaxe]] recoñéceselle unha gran complexidade e equívoca riqueza, polo que se aceptan dous tipos de lectura: a unívoca baseada na mensaxe transparente, e a deconstrutiva, que remite á plasticidade e corporeidade mesma dos significantes. A deconstrución nega a posibilidade da [[denotación]] pura, da [[referencialidade]] do texto. Ante a [[ditadura]] do canon, prantexa a [[democracia]] da [[polisemia]], establecendo que o acto de lectura xera infinitas [[diseminación]]s. Fronte a un texto será imposible determinar unha lectura como ''a boa''. As lecturas posibles serán así infinitas porque xamais lectura algunha acadará o bo sentido.
A deconstrución aplícase a todos os factores que poden funcionar como centro estrutural dun texto (significado transcendental, contexto, [[contido]], tema...), de modo que non poidan deter o libre xogo da escritura. Prantexa unha disociación hiperanalítica do signo, propoñendo unha subversiva posta en escena do [[significante]] afirmando que calquera tipo de texto (literario ou non) se presenta non só como un fenómeno de [[comunicación de masas|comunicación]], senón tamén de significación. A deconstrución realiza un prantexamento quiásmico, movéndose entre a negación-afirmación do [[símbolo]]. Afírmase a autonomía do signo respecto aos significados transcendentais e négase que a escritura só remita a si mesma.
[[Categoría:Filosofía]]
|