Giorgio Agamben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ckb:جۆرجۆ ئاگامبێن; cambios estética
Liña 1:
'''Giorgio Agamben''', nado en [[Roma]] en [[1942]], é un [[filósofo]] [[Italia|italiano]].
 
== Traxectoria ==
'''Agamben''' naceu en Roma no 1942. Doutorouse na [[Universidade de Roma]] cunha teses do pensamento político de [[Simone Weil]]. Ampliou a súa lingüística e medievalística en [[París]]. En 1974 e 1975 realizou investigacións no Warburg Institute de Londres sobre a relación entre a linguaxe e a pantasma no concepto medieval de ''melancholia''.
Profesor de estética nas universidades italianas de [[Macerata]] (1988-93), [[Verona]] (1993-2003) e [[Venecia]] (2003), e visitante de diversas universidades europeas e norteamericanas. No ano 2003 foi nomeado Distinguished Professor na New York University, pero despois rexeitou o encargo en protesta pola política exterior e migratoria da administración norteamericana. Dirixiu a edición italiana das Obras completas de [[Walter Benjamin]] para a Editorial Einaudi de Turín.
 
== Pensamento ==
No seu pensamento están presentes influencias, entre outras, de [[Walter Benjamin|Benjamin]], [[Heidegger]], de quen foi discípulo en distintos seminarios, e [[Michel Foucault|Foucault]], a cuxa concepción da biopolítica da continuidade. A súa creación intelectual estivo inicialmente centrada na teoría da literatura e na crítica da arte, xirando progresivamente cara a filosofía política, da que son o máis claro expoñente os diversos volumes do seu ''Homo sacer''.
 
=== Homo sacer ===
Entre as súas obras destaca ''Homo Sacer'' que enuncia unha [[filosofía política]] na que estuda as relacións entre o dereito, poder soberano e as expresións cívico-sociais deste último. Crítico da sociedade contemporánea, que analiza desde un enfoque que rompe cos paradigmas constitucionalistas do [[Estado de dereito]], o seu pensamento da continuidade ás formulacións de Benjamin e Foucault, dous autores centrais no discurso argumental, no que fai unha descrición dramática do cidadán desposuído, diminuído a unha condición política vexetativa, onde as expresións de participación política foron esterilizadas.
 
Retoma a distinción aristotélica entre ''zoe'' e ''bios'', conceptos descritivos da vida espida de atributos e vida digna, advirte como na sociedade contemporánea, onde abundan os grupos humanos baixo mínimos (emigrantes, refuxiados, deportados, et cétera) redescúbrese o [[homo sacer]], a vida espida, a realidade biolóxica desprovista de toda condición cívica... Unha proxección da biopolítica enunciada por Foucault, como forma degradada da democracia política e expresión do poder sobre un conxunto social no tanto de cidadáns como de seres vivos.
A crítica e o pesimismo de Agamben chegan a establecer unha liña de continuidade entre as formas políticas ditatoriais como o [[nazismo]] e o [[fascismo]] cos modelos democráticos occidentais dos nosos días, onde os dispositivos de poder, nos que mete aos medios de comunicación, absorben, modelan e xestionan a [[soberanía]]. O denominador común, antes e agora, é a capacidade de reducir a condición humana a vida núa e impoñer estados de excepción, isto é, atribuír ou desatribuír a condición cívica, gradualizala e redefinila, con casos límite como o dos prisioneiros da base norteamericana de [[Guantánamo]], sinala Agamben. As formas totalitarias que se esconden baixo a pel da democracia coñecen modalidades onde o Estado de dereito prescinde do dereito e xustifica os estados de excepción como mecanismos de defensa da democracia. É o que Agamben, que pon como exemplo a política presidencial de [[George W. Bush]], denomina “guerra civil legal”.
 
Non obstante, o ser humano distínguese na súa capacidade de comunicar como a de imaxinar, que é a verdadeira fonte e radica a posibilidade de facer fronte á indixencia política, recuperar a vida digna e os atributos cívicos.
 
=== O que queda de Auschwitz. O arquivo e a testemuña. Homo Sacer III ===
Nesta obra fala do problema das circunstancias históricas (materiais, técnicas, burocráticas, xurídicas...) nas que tivo lugar o [[exterminio dos xudeus]] pode considerarse hoxe suficientemente aclarado, grazas as investigacións, cada vez mellores a máis amplas, que se dan cita neste ámbito. Pero a situación é moi distinta polo que fai o ó significado ético e político do exterminio e ata a propia compresión humana do sucedido; é dicir, no último caso un verdadeiro intento de comprensión global, senón que carecemos incluso de algo que nos permita acercarnos ó sentido e ás razóns do comportamento dos verdugos e das súas vítimas, cuxas palabras no seguen parecendo, un misterio. Entre o querer comprender demasiado apurado de aqueles que dispoñen de explicacións para todo e a negativa a comprender dos sacralizadores a calquera prezo, esta obra opta por un terceiro camiño; trata de escoitar as voces das testemuñas, como a lagoa do intestimoniable, a presenza sen rostro que todo testemuño contén necesariamente, a de aqueles que tocaron fondo, os musulmáns.
 
Así Auschwitz, xa no só se presenta como o campo da morte senón como o lugar dun experimento aínda impensado no que as características entre o humano e o inhumano se esvaecen. Sometida a proba de Auschwitz, a enteira reflexión moral do noso tempo mostra a súa completa insuficiencia, e o que entre a súas ruínas aparece o perfil incerto dunha nova terra ética: a do testemuño. Remata a obra cunha cita de [[Bronislaw Goscinski]] onde aparecen unha serie de preguntas que falan dos musulmáns, onde se presentan como persoas sen dereitos e considerados cans vagabundos cuxa única salvación é o crematorio.
 
A figura intelectual de '''Agamben''' imponse a través do seus traballos de filosofía política, os seus numerosos libros e artigos testemuñan unha multiplicidade de intereses: a [[Lingüística]], a Literatura medieval e renacentista, o [[Dereito]], a [[Teoloxía]] e, en particular, a [[Estética]]. En cada un destes campos sabe combinar, xunto a una exquisita erudición, a contextualización filolóxica e histórica de textos e autores coa análise conceptual precisa e novidosa.
Liña 31:
En segundo termo, existe un paradoxo xurídica que pode deixar ó suxeito dentro e fóra da lei ó mesmo tempo. Fóra da lei, deixa de ser un suxeito xurídico e transfórmase nunha mera existencia, unha “nuda vida”, tal e como os campos (de concentración e de exterminio) o demostran. Alí onde houbo existencia política habería agora nuda vida, que non sería senón a tradución moderna do homo sacer.
 
== Obras ==
* ''L'uomo senza contenuto'', 1970. O home sen contido
* ''Stanze. La parola e il fantasma nella cultura occidentale'', 1979 Estancias
* ''Infanzia e storia. Distruzione dell'esperienza e origine della storia'', 1979
* ''Il linguaggio e la morte'', 1982
* ''La fine del pensiero'', 1982
* ''Idea della prosa'', 1985
* ''La comunità che viene'', 1990 A Comunidade que ven
* ''Bartleby, la formula della creazione'', 1993 (con [[Gilles Deleuze]])
* ''Homo sacer. Il potere sovrano e la nuda vita'', 1995
* ''Mezzi senza fine. Note sulla politica'', 1996
* ''Categorie italiane'', 1996
* ''Image et mémoire'', 1998
* ''Quel che resta di Auschwitz. L'archivio e il testimone'', 1998
* ''Il tempo che resta'', 2000
* ''L'aperto. L'uomo e l'animale'', 2002
* ''L'ombre de l'amour'', 2003 (con [[Valeria Piazza]])
* ''Stato di Eccezione,'' 2003
* ''La potenza del pensiero. Saggi e conferenze'', 2005
* ''Profanazioni'', 2005
* ''Che cos'è un dispositivo?'', 2006
* ''Ninfe'', 2007
* ''Il regno e la gloria. Per una genealogia teologica dell'economia e del governo. Homo sacer. Vol 2/2'', 2007
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
** Agamben, Giorgio. ''Homo Sacer. El poder soberano y la nuda vida''. [[1998]]. Valencia: Pre-Textos. ISBN 84-8191-206-9.
* ''Lo que queda de Auschwitz''
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía|Agamben, Giorgio]]
 
[[ca:Giorgio Agamben]]
[[ckb:جۆرجۆ ئاگامبێن]]
[[cs:Giorgio Agamben]]
[[de:Giorgio Agamben]]