Diferenzas entre revisións de «Seha»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
O reino fundouse despois do [[-1430]].
 
O primeiro rei que aparece, na metade do [[século –XIV]], levaba o nome de [[Muwa-Walwis]] ("León poderoso") e gobernaba ata Artemis en Lesbos; cantocando morreu, deixou o trono a [[Manapa-Tarhunta I]], probabelmente fillo seu, pero non o máis vello, cousa que provocou a revolta do príncipe herdeiro (o irmán maior) [[Ura-Tarhunta]], e o rei tivo que escapar a [[Karkiya]] ([[Caria]], se ben outras fontes dan Karkišša) onde os seus bens serían expropiados polo gobernante local. Con todo, o novo rei foi impopular.
 
[[Suppiluliumas I]] morreu por mor dunha epidemia nunha data entre o [[-1345]] e o [[-1320]] e sucedeuno o seu fillo [[Arnuwandas II]], o cal fixo agasallos ao gobernante de Karkiya ou Karkissa e logrou reinstalar a Manapa-Tarhunta cando o impopular Ura-Tarhunta foi derrubado.
 
Pero a epidemia causou tamén a morte un ano despois a Arnuwandas II, e sucedeuno o seu irmán máis novo [[Mursilis II]]. Durante este período fixérase co poder nos restos de Arzawa, o rei [[Uhha-Ziti]] instalado por [[Suppiluliumas I]], pero independizadoindependizouse ao cabo do seu reinado. Este rei e os seus dous fillos serían derrotados antes por [[Mursilis II]], que, ao acabar a campaña, avanzou entón polo río Seha, onde o rei Manapa-Tarhunta recibiu ao soberano solemnemente. Mursilis confirmoulle as terras do río e a terra de [[Appawiya]].
 
Os pequenos reis de [[Mira, reinoReino|Mira]], [[Hapalla]] e o río Seha asinaron un tratado recoñecendo ao reino Hitita como soberano, ao mesmo tempo que se recoñecía a súa liberdade.
 
Un rei que as taboíñas mencionan cono E.gal.pap (os dous puntos están por dúas letras que faltan) sublevouse ao oeste de Hatti durante dez anos, pero finalmente foi derrotado. A revolta tivo incidencia en Seha, o rei da cal parece que permaneceu fiel aos hititas.
 
[[Muwatallis II]], sucesor de Mursilis II, non confiaba bastante na xente de Arzawa segundo Alexandros de [[Wilusa]]. O rei hitita estivo en Seha para facer campaña contra [[Piyama-radu]], un guerreiro posibelmente da illa de [[Lazba]] ou [[Lesbos]], de onde era o seu avó, que dirixía un continxente de desarraigados de Arzawa, e tiña a axuda de [[Ahhiyawa]], [[Millawanda]] (casou coa filla do rei [[Atpa]] de Millawanda) e [[Wilusa]]. Lesbos era unha dependencia do rei de Seha, e Piyama-radu atacouna; o seu avó minara a lealdade dos habitantes da illa e o Saripu (¿delegado?) de Seha en Lazba, e o Saripu do gran rei hitita na illa serían incitados polo avó a se rebelaren e, ao final, fixérono e pasáronse a Piyama-radu. Muwatallis enviou un exército a Seha desde onde atacou Wilusa. [[Manapa-Tarhunta II]] de Seha non participou alegando estar moi doente (segundo unha carta quedara imposibilitado e probabelmente morreu deseguido); pouco despois, cara ao final do reinado de Muwatallis II, aparece xa [[Masturi]] como rei de Seha; Masturi era probabelmente un fillo de Manapa-Tarhunta II e casou con [[Minaššanauzzi]], irmá de Muwatallis II. O final da historia de Piyama-radu non se coñece, pero, en todo, caso Piyama-radu, coa axuda de Ahhiyawa e de [[Millawanda]], continuou o enfrontamento cos hititas durante bastante tempo.
 
Urhi-Teshub chegou ao trono hitita baixo o nome de [[Mursilis III]], e inmediatamente depuxo algúns das gobernadores dos antigos estados da rexión de Arzawa e estableceu o goberno directo e foi á zona para consolidar o seu poder. O rei de Seha non foi destituído ou, se fuxiu, foi restablecido despois por [[Hattusilis III]] do que foi unha axuda na guerra civil.
 
Á morte do rei Masturi de Seha, o país fíxose independente baixo un home de orixe descoñecido chamado [[Tarhuna-radu]], que se aliou co rei de [[Ahhiyawa]]. [[Tudhaliyas IV]], rei hitita, fixo persoalmente a campaña contra Seha. [[Ahhiyawa]] interveu, pero sufriu unha completa derrota. Tarhuna fuxiu a un illote chamado Outeiro da Aguia, lugar que tamén foi ocupado por Tudhaliyas IV e fíxoo prisioneiro xunto coas súas mulleres e outros familiares e o levoulevouno a [[Arinna]]. Colocou no trono a un membro da dinastía de Muwa-Walwis e a situación volveu á normalidade.
 
O reino desapareceu coa invasión dos [[pobos do mar]] antes do [[-1185]].
53.436

edicións