Picapeixe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 83:
Os polos nacen cegos e espidos. Os primeiros días son alimentados con [[insecto]]s e despois con [[peixe]]s de ata cinco cm. mentres un dos pais caza o outro permanece no niño. . Os oito días comezan a aparecerlles as primeiras plumas, de cor azul. Nesa época son alimentados só pola noite. Ós 14 días teñen xa a plumaxe completa, cuberta dunha especie de funda que perden ás tres semanas. e pesan de 55 a 60 g.
 
Entre 23 e 28 días despois de saíren do ovo, cuns 42 gramos de peso, comezan a voar, abandonando o niño por períodos de duración variable. permanecen preto do niño, a miúdo, agachados nas polas máis mestas. Seguen a ser alimentados, preferentemente polo macho e con peixes. Comezan axiña a aprender as técnicas de pesca e pouco despois son expulsados polos pais do territorio de cría. Entre os depredadores máis habituais que os ameazan están os [[azor]], o [[Gabián (ave)|gabián]] e os [[bufo]]s.
Entre xuño e xullo poden facer, polo menos en [[Centroeuropa]] unha segunda cría e, en situacións adecuadas, unha terceira ou mesmo unha cuarta.