León, España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 46:
Restos dunhas pequenas termas apareceron recentemente no [[barrio de San Lorenzo, León|barrio de San Lorenzo|]], ó leste do recinto fortificado. A súa cronoloxía pódese establecer dun xeito amplo polos selos presentes nos seus muros. Todos portaban a inscrición Legio VII ''Gemina Felix'', polo que nos indica que puideron construírse dende o [[73]] ou [[74]] d.C., sen supera-lo principado de [[Septimio Severo]] (193-211 d.C.), momento no que recibe o epíteto de Pía.
 
O entorno suburbano proporcionou ata o momento dúas [[necrópole]]s de inhumación de época tardía. As características dos enterramentos son similares en ambos casos, fosas delimitadas con ladrillos ou cantos e cuberta con [[ladrillo]]s ou [[Tella (construción)|tella]]s a dobre vertente ou cha, etc. Existe tamén un sartego de [[laxa]]s.
 
No período comprendido entre os [[século VI|séculos VI]] e [[século VIII|VIII]], a escaseza de evidencias arqueolóxicas, só localizadas en lugares concretos, proxectan unha imaxe carente de vitalidade urbana, cunha clara redución do espazo habitado, que semella concentrarse na zona sul. Ata agora, nada indica que poidamos falar dunha ''civitas'', xa que se aprecia unha total continuidade coa etapa baixoimperial, o que nos indica que a presenza do poder [[visigodo]] foi nula ou mínima, reducida, quizais, o acuartelamento dalgunhas tropas.