Golfo de Biscaia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
O '''golfo de Biscaia''', tamén chamado '''golfo de Gascuña''' ou '''de Gascoña''' (do francés e do [[occitano]] respectivamente) e '''Bizkaiko Golkoa''' en [[éuscaro]], é un golfo do [[Océano Atlántico]] Norte que comprende o [[mar Cantábrico]]. Comprende, aproximadamente, dende a [[Estaca de Bares]] en [[Galicia]] ([[España]]) ata o sur da [[Bretaña]] (Francia). Baña as costas de Cantabria, [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]] e [[Aquitania]] ([[Francia]]).
 
Comprende importantes portos comerciais, como o de [[Bilbao]], [[Pasaia]] ou [[Bordeos - Bordeaux|Bordeos]], e pesqueiros como os de [[Santoña]], [[Laredo, Cantabria|Laredo]], [[Castro-Urdiales]], [[Bermeo]], [[Ondarroa]], [[Getaria]] ou [[Saint-Jean-de-Luz]].
 
== Xeografía física ==
A súa costa no sur é escarpada, con multitude de cantís entre os que se abren praias e pequenas baías, xeralmente nas desembocaduras dos ríos (que adoitan ser en forma de rías). Destacan a [[rasa mareal]] da costa [[Guipúscoa|guipuscoana]], entre [[Deva]] e [[Zumaia]] (esténdese en menor medida ata Ondárroa), e as praias de [[Laredo, Cantabria|Laredo]], [[Comillas]], [[Laga]], [[Deva]], [[Zarautz]] ou [[Donostia-San Sebastián]], mentres que a costa francesa é baixa e areosa, con numerosos pantanos. Nuns 320 km ao norte da Xironda predominan as marismas, pero logo vólvese rochosa e elevada ata a península de Quiberon.
 
Os ríos que desembocan neste golfo son de curto percorrido e moi irregular caudal, como todos os da vertente Cantábrica (menos o [[río Garona]] que desemboca na cidade de [[Bordeos - Bordeaux|Bordeos]]). Entre eles destacan o [[Río Nervión|Nervión]], que forma a [[ría de Bilbao]], e o [[río Bidasoa]], que marca a fronteira entre [[Francia]] e [[España]].