Jean Monnet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m →‎Vida e obra: Aliados da Segunda Guerra Mundial
Liña 6:
Jean Monnet, procede dunha familia de comerciantes en Cognac, principiou a súa carreira dentro da empresa familiar. Con apenas 17 anos, recibiu o encargo paterno de abrir mercados internacionais para a produción da bodega que a súa familia posuía en Cognac. Con 18 foise a [[Londres]] e desde alí viaxou a [[Escandinavia]], [[Rusia]], [[Canadá]], [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e [[Exipto]] por mor dos negocios familiares. Esta esperiencia contribuíu a ampliar a súa visión do mundo, e a asentar os alicerces dun futuro dedicado ao proxecto da Europa unida.
 
Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] propúxolle ao presidente do consello a coordenación dos recursos económicos dos aliados e colaborou na organización e coordenación do transporte marítimo das potencias aliadas. Durante o periodoperíodo de entreguerras foi secretario xeral adxunto da [[Sociedade de Nacións]] ([[1919]]-23) e dirixiu negocios importantes en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e outros países. En [[San Francisco]] paticipou na creación dun banco de inversión, que se viu afectado pola [[Gran Depresión]], feito ao que se referiu nas súas memorias: "''Os homes só aceptan o cambio resignados pola necesidade e só ven a necesidade durante as crises"''. Tamén traballou en [[Xangai]] para o goberno nacionalista de [[Chiang Kai Chek]].
 
Co comenzo da [[Segunda Guerra Mundial]] en [[1939]] foi designado presidente do comité franco-británico de coordenación económica. Tras a derrota de Francia pola [[Alemaña nazi]] en [[1940]] argalou un plan para a fusión política entre Francia e Gran Bretaña, que obtivo o apoio de [[Churchill]], pero non encontrou eco entre os exiliados da «Francia libre». En [[1943]], en [[Alxer]], espresou xa os seus ideais europeístas: ''"Non haberá paz en Europa, si os Estados se reconstruen sobre unha base de soberanía nacional (...) os países de Europa son demasiado miúdos para asegurarlle aos seus pobos a prosperidade e os avances sociais indispensables. Isto supón que os Estados de Europa se agrupen nunha Federación ou "entidade europea" que os converta nunha unidade económica común"''.
 
Monnet traballou para os [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] en misións diplomáticas e financeiras, e fixo parte do Comité de Liberación Nacional francés que presidía [[Charles de Gaulle]] (malia a que nunca foi gaullista e se sentiu especialmente distante do nacionalismo francés en xeral).