Ácido beta-hidroxibutírico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Beta-Hydroxybutyric acid-2D-skeletal.svg|miniatura|rightdereita|Ácido D-β-hidroxibutírico co seu OH no carbono β ou carbono 3.<br>[[Número CAS]]: 300-85-6.<br>[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]]: Ácido 3-hidroxibutanoico.]]
 
O '''ácido β-hidroxibutírico''' (tamén chamado '''ácido 3-hidroxibutírico''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=441 3-hydroxybutyric acid]</ref> <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/428 β-Hydroxybutyric acid]</ref> <ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=20067 3-hydroxybutyric acid]</ref> ou, cando está ionizado, '''β-hidroxibutirato''') é un hidroxiácido que se considera un [[corpo cetónico]]. É un composto de 4 carbonos cun grupo [[carboxilo]] e un [[grupo OH]] no carbono 3 (ou carbono β, xa que é o 2º despois do carboxilo). A posición do OH é o que lle dá os seus nomes alternativos β-hidroxi ou 3-hidroxi. Ao [[pH]] celular normal está ionizado en forma de β-hidroxibutirato. É un composto [[quiral]] que ten dous [[enantiómero]]s, o ácido <small>D</small>-β-hidroxibutírico e o ácido <small>L</small>-β-hidroxibutírico. Son isómeros do β-hidroxibutirato, o [[alfa-hidroxibutirato|α-hidroxibutirato]] (co OH no carbono 2) e o [[gamma-hidroxibutirato|γ-hidroxibutirato]] (co OH no carbono 4). Desde un punto de vista metabólico e fisiolóxico considérase un corpo cetónico, xunto coa [[acetona]] e o [[acetoacetato]], pero, en realidade, desde un punto de vista químico non contén ningún grupo [[cetona]], xa que é un hidroxiácido carboxílico. Igual que ocorre cos outros corpos cetónicos, o β-hidroxibutirato tamén aumenta a súa concentración no corpo durante a [[cetose]].