Vitamina A: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
A '''vitamina A''' é unha vitamina liposoluble, presente en forma de provitamina en certos vexetais e certos produtos animais (especialmente, fígado, ovos e produtos lácteos), necesaria para a formación e mantemento dos tecidos epiteliais (especialmente, da retina) e o desenvolvemento normal do [[tecido óseo]], ademais doutras funcións fisiolóxicas.
[[Ficheiro:All-trans-Retinol2.svg|miniatura|rightdereita|350px|Estrutura química do retinol (vitamina A).]]
 
Desde o punto de vista químico é un alcohol de fórmula '''C<sub>20</sub>H<sub>30</sub>O''', chamado tecnicamente '''retinol''' (nome que debe ó seu efecto sobre a [[retina]] do [[ollo]]). Realmente, o que denominamos ''vitamina A'' é un conxunto ou familia de substancias químicas con acción vitamínica A (retinol, retinal e ácido retinoico), chamadas formas activas, e outro tipo de substancias que son precursoras daquelas, chamadas [[provitamina]]s. As formas activas máis coñecidas son os isómeros 11-cis-retinal, o trans-retinal e o 9-cis-ácido retinoico.
Liña 56:
* Infeccións frecuentes, que levan a un estado de inapetencia e, polo tanto, a reduci-la inxesta de alimentos con vitamina A. Ademais, as infeccións adoitan cursar cun aumento nas necesidades de vitamina A.
 
[[Ficheiro:Bitot.jpg|miniatura|rightdereita|Mancha de Bitot (Fonte: Programa de Nutrición do CDC.]]
A deficiencia de vitamina A provoca no home unha enfermidade carencial chamada [[xeroftalmia]], cuxa forma clínica máis coñecida é a [[cegueira|cegueira nocturna]]. Xa citamos anteriormente a acción desta vitamina sobre a retina, na que intervén na formación da rodopsina, un pigmento sensible á luz.