Tecido óseo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 6:
 
Hai dous tipos de tecido óseo: compacto e esponxoso. O óso compacto consta de estruturas repetidas chamadas ''[[osteona]]s'' ou ''osteóns'' ou ''sistemas haversianos'', que son a súa unidade funcional e anatómica. Cada osteona está formada por capas concéntricas de matriz mineralizada, chamadas laminiñas concéntricas, que se depositan arredor dun canal central, tamén chamado ''canal de Havers'', que contén vasos sanguíneos e nervios. O tecido óseo esponxoso está formado por unha rede de trabéculas de tecido mineralizado, que deixan ocos entre elas cheos de medula ósea vermella <ref>Henry Gray: Anatomy of the human body (Bartleby.com; Great Books Online)</ref> <ref>Eldra P. Solomon - Richard R. Schmidt - Peter J. Adragna : Human anatomy & physiology ed. 2nd 1990 (Sunders College Publishing, Philadelphia) ISBN 0 03 011914 6</ref>.
[[Ficheiro:Human hip bone texture.jpg|miniatura|rightdereita|150 px|Estrutura mineral do óso esponxoso da cadeira.]]
 
[[Ficheiro:Gray73.png|miniatura|150px|rightdereita|Sección do óso compacto no que se ve o sistema haversiano.]]
 
==Matriz ósea==
Liña 23:
[[Ficheiro:Active osteoblasts.jpg|miniatura|150px|esquerda|[[Osteoblasto]]s sintetizando o [[osteoide]] con dous [[osteocito]]s.]]
[[Ficheiro:Osteocyte 2.jpg|miniatura|150 px|esquerda|Micrografía electrónica dun [[osteocito]] dentro dunha lagoa coas súas características prolongacións.]]
[[Ficheiro:Osteoclast.jpg|miniatura|150px|rightdereita|[[Osteoclasto]] multinucleado co seu citoplasma "escumoso".]]
Nos ósos podemos distinguir catro tipos de células: células osteoproxenitoras, osteoblastos, osteocitos e osteoclastos <ref name=Fawcett/>. Só se indicarán as súas funcións e características máis básicas e remitimos aos artigos principais sobre elas.
{{AP|célula osteoproxenitora|osteoblasto|osteocito|osteoclasto|}}
Liña 62:
 
==Tecido óseo esponxoso==
[[Ficheiro:Caput femoris cortex medulla.jpg|miniatura|rightdereita|Cabeza (epífise) do [[fémur]] cortada. No centro vese o tecido óseo esponxoso, con medula ósea. A circunferencia rosa clara externa é de óso compacto.]]
O '''tecido óseo esponxoso''' aparece nas [[epífise]]s dos ósos longos, e no interior de ósos curtos, como as [[vértebra]]s, e planos e na capa máis interna da [[diáfise]] dos ósos longos. Está moi vascularizado e xeralmente contén [[medula ósea]] vermella, onde ten lugar a formación das células sanguíneas ([[hematopoiese]]). Comparado co óso compacto, ten unha maior área superficial e é moito menos denso e máis feble.