Souto da Retorta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
{{Coordenadas|43|36|46.44|N|7|35|36.08|W|display=title}}
[[Ficheiro:Souto da retortaI.png|miniatura|rightdereita|250px|Sendeiro no souto.]]
O '''Souto da Retorta''' está situado na parroquia luguesa de [[Chavín, Viveiro|Chavín]] ([[Viveiro]]), na marxe dereita do [[río Landro]] e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 [[eucalipto]]s (''Eucalyptus globulus''), algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o '''eucaliptal de Chavín'''.
 
Liña 12:
 
==O Avó de Chavín==
[[Ficheiro:Souto da Retorta.jpg|miniatura|rightdereita|O Avó. Pódese apreciar o seu grosor comparado coas seis persoas que están apoiadas nel.]]
Os eucaliptos do Souto da Retorta plantáronse a partir de [[1860]] para a drenaxe das terras baixas que se anegaban con frecuencia a consecuencia das arroiadas dos regatos tributarios do río Landro. Destacan por alcanzar unha altura considerable, as maiores da península e das maiores de Europa, e entre eles cómpre salientar o '''Avó de Chavín''', de 126 anos, unha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros. Non é o exemplar máis alto do eucaliptal pero si o de maior porte <ref>Turgalicia cita no eucaliptal alturas de 80 metros; Leiro Lois dá cifras de 67 m de altura, 2,5 m de diámetro e 10,5 de perímetro, referidas concretamente ó ''Avó''.</ref>.