Revolución de 1830: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Eugène Delacroix - La liberté guidant le peuple.jpg|miniatura|rightdereita|250px|''La Liberté guidant le peuple'' de Eugène Delacroix (1833), obra pictórica convertida en símbolo da Revolución de 1830]]A '''Revolución de 1830''', tamén coñecida como '''Revolución de Xullo''', foi unha revolta da clase media francesa contra o rei [[Carlos X]] que o forzou a abdicar, sendo substituído polo rei orleanista [[Luís-Filipe]] co título de rei dos franceses e non o tradicional de rei de Francia.
==Contexto==
[[Ficheiro:Révolution de 1830 - Combat de la rue de Rohan - 29.07.1830.jpg|miniatura|rightdereita|Escena da Revolución de 1830]]
Cando Carlos X subiu ao trono o [[16 de setembro]] de [[1824]], [[Francia]] ía progresando cara a reconstrución tras as guerras napoleónicas, o seu antecesor Luís XVIII aínda que autocrático mantivera unha maior liberdade que a que se gozaba no [[Antigo Réxime]] antes da [[Revolución Francesa|revolución]] en parte por ser imposible unha volta atrás xa que a alta burguesía era cada volta máis poderosa a consecuencia do desenvolvemento económico, aínda que houbo represión contra os que se distinguiran no réxime anterior coñecido como o terror branco e volveuse á alianza entre a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e o [[Estado]]. Existía unha asemblea electa, a Cámara dos Deputados, pero o seu poder era escaso e a burguesía aspiraba a establecer unha monarquía liberal e Carlos tiña o desexo de voltar a unha monarquía absoluta.