Rainer Maria Rilke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 31:
A comezos de [[1916]] foi chamado a filas, e viuse obrigado a incorporarse ao exército [[Imperio austrohúngaro|austrohúngaro]] en [[Viena]]. Amigos influentes intercederon por el e o 9 de xuño dese mesmo ano foi dispensado do servizo militar. Regresou a Munich, onde permaneceu até o final do conflito, cunha breve estancia en [[Bieren]] ([[Westfalia]]) en casa de Hertha König. A traumática experiencia do servizo militar, que lle lembrou a época de formación na Escola Militar de Sankt Pölten, estivo a piques de acabar coa súa carreira como poeta.
 
[[Ficheiro:GrabRilke.JPG|miniatura|rightdereita|200px|Tumba de ''Rilke'' no camposanto de [[Raron]] ([[Suíza]]).]]
O [[11 de xuño]] de [[1919]] Rilke viaxou desde Munich a Suíza. En principio tiña unha invitación para dar unha conferencia en [[Zurich]], pero aproveitou para quedar, escapando do caos da posguerra e continuar traballando nas ''Duineser Elegien''. Resultoulle difícil encontrar un lugar adecuado onde instalarse, e residiu sucesivamente en varias localidades, como [[Soglio]], [[Locarno]] e [[Berg am Irchel]]. No verán de [[1921]] fixou a súa residencia permanente no [[castelo de Muzot]], preto de [[Sierre]], en [[Valais]]. En maio de [[1922]] o seu protector [[Werner Reinhart]] ([[1884]]-[[1951]]), comprou o edificio para evitarlle o pago do aluguer.