Reino de Mira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O rei Maskhuiluwas foi asediado polos seus irmáns e obrigado a fuxir a [[Hattusas]]; o novo rei proclamado chamouse Kupanta-Kurunta, nome que parece indicar unha tendencia antihitita. [[Suppiluliumas I]] (que reinou no segundo cuarto do [[século –XIV]]) viu esta revolta perigosa e deu á súa filla en matrimonio a Maskhuiluwas ao que despois instalou en [[Kuwaliya]] (Hapalla fíxose finalmente co control do reino de Mira) e utilizou o título de rei de Mira e Kuwaliya. O título de rei de Mira foi usado polo rei de Hapalla.
 
[[Piyama-Kurunta]] de Arzawa, en guerra co rei [[Mursilis II]], atacou a Maskhuiluwas de Mira, e posibelmente destruíu a cidade de Impa, pero Maskhuiluwas rexeitouno nunha batalla e volveu á seusúa capital [[Hapanuwa]], onde seguiu leal aos hititas aos que debía o trono.
 
Mursilis II, triunfante dos reis de Arzawa, foi a Kuwaliya, onde estableceu gornicións (entre elas en [[Impa]]), aparentemente para agradecer a Maskhuiluwas a súa axuda contra Arzawa. Tamén estableceu unha gornición en Hapanuwa e confirmou a Maskhuiluwas a terra de Kuwaliya e a de Mira. Hapalla foi concedida a un tal Targasnallis. Os reis de Mira-Kuwaliya, Hapalla e o río [[Seha]] asinaron un tratado recoñecendo ao reino Hitita como soberano ao mesmo tempo que se recoñecía a súa liberdade.