Propileos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 6:
 
Na Grecia antiga, a palabra ''propileos'' (Προπυλαια), empregada en singular, designaba un vestíbulo situado diante dunha entrada dun santuario, dun palacio ou dunha [[ágora]]; empregado en plural, designa as entradas monumentais de estruturas moito máis complexas, como as de [[Eleusis]], [[Corinto]] e [[Epidauro]].
[[Ficheiro:AthinaiPropylaen.jpg|miniatura|rightdereita|Reconstrución do século XIX]]
 
É de apreciar a habilidade do arquitecto, [[Mnesicles]] ao erixir os seus propileos en difíciles condicións topográficas. Esta construción, dado que debía alzarse no bordo da explanada superior do recinto da Acrópole, tiña que situarse sobre unha fractura que sinalaba o límite entre a pendente da vía ascendente e o plano horizontal.
Liña 13:
 
Os Propileos tiñan, polo tanto, a difícil misión de «suprimir» visualmente a diferenza de nivel existente entre o lado exterior e o interior. Vistos desde embaixo, presentaban unha fachada [[hexástilo|hexástila]] dórica, con ángulos salientes formados por columnas máis delgadas.
[[Ficheiro:Plano de los Propileos.JPG|miniatura|rightdereita|300px|Plano dos Propileos.]]
Para respectar e subliñar o movemento ascendente da procesión das [[Panateneas]], o corpo central dos novos propileos coas súas cinco portas situouse onde a ruptura da pendente era máis acentuada, sobre unha base de cinco chanzos que compensaban o desnivel. A continuidade do movemento subliñábase coa importancia da porta central (4,13 m de largo e 7,38 m de altura), diante da cal se interrompían os chanzos para deixar paso ao carro da deusa [[Atenea]] e para a ampliación do entrepano correspondente no pórtico occidental (5,43 m en vez de 3,62 m nos entrepanos laterais).