Museo de Arte de Filadelfia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Philadephia Museum of Art.jpg|miniatura|rightdereita|200px|Museo de Arte de Filadelfia, fachada]]
O '''Museo de Arte de Filadelfia''' (en [[Lingua inglesa|inglés]], '''Philadelphia Museum of Art'''), situado ao oeste do Benjamin Franklin Parkway no Fairmount Park de [[Filadelfia]], creouse en 1876 ligado á Exposición do Centenario dese mesmo ano e hoxe en día atópase entre os máis grandes e importantes museos de arte dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Orixinalmente chamouse Pennsylvania Museum and School of Industrial Art (Museo de Pensilvania e Escola de Artes Industriais). A súa fundación foi inspirada polo Museo de South Kensington (hoxe o [[Museo Vitoria e Alberto]]) en [[Londres]], que naceu da Grande Exposición de [[1851]]. É coñecido local e coloquialmente como "O Museo de Arte". O museo abriu as súas portas ao público o [[10 de maio]] de [[1877]].
 
Liña 23:
 
==Relación coa cidade==
[[Ficheiro:9.26.06RockyStatueByLuigiNovi1.jpg|miniatura|rightdereita|Estatua de Rocky Balboa, co museo na parte posterior, fotografía de [[26 de setembro]] de [[2006]].]]
Xunto á súa arquitectura e coleccións, este museo é moi coñecido polo papel que tivo nunha famosa escena da película ''Rocky'', e en catro das súas secuelas, ''Rocky II'', ''Rocky III'', ''Rocky V'' e ''Rocky Balboa''. Os visitantes do museo adoitan imitar a famosa carreira de Rocky polas escaleiras da fachada, hoxe coñecidas localmente como "Rocky Steps" (os chanzos de Rocky).