Museo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Musee_National_Anthropologie-Entree.jpg|miniatura|250px|rightdereita|Museo Nacional de Antropoloxía ([[Cidade de México]])]]
Un '''museo''' (do [[lingua latina|latín]] ''musēum'' e este á súa vez do [[Grego antigo|grego]] ''μουσεον'' = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas, etc., sempre cun valor cultural, segundo o ''International Council of Museums (ICOM)''. Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a [[Antigüidade clásica|Antigüidade]]. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de [[arte]] que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en [[Grecia antiga|Grecia]] e en [[Roma Antiga|Roma]]; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.