Matthias Grünewald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 3:
== Biografía ==
=== A identidade do pintor ===
[[Ficheiro:Mathis Gothart Grünewald 036.jpg|'''[[Retábulo de Issenheim]]''', A encarnación do fillo de Deus (« Concerto dos Anxos ») <br /><small>c. 1512-1515, Óleo sobre táboa<br />Museo de Unterlinden, [[Colmar]]</small>|miniatura|rightdereita|200px]]
A identidade de Matthias Grünewald é aínda incerta. Este nome foille posto, de xeito un tanto arbitrario, por [[Joachim von Sandrart]] (1606–1688), « o [[Giorgio Vasari|Vasari]] alemán », que, logo de case un século de esquecemento pouco menos que total do nome senón da obra, redescúbreo e fala de el no seu voluminoso ''Teutsche Academie der Edlen Bau-, Bild- und Mahlerey-Künste'' ([[Enciclopedia]] dos arquitectos, escultores e pintores alemáns) de [[1675]]. Por outra banda, coñécenselle varios tipos de sinaturas – ''MGN'' con G en M, e N lateral ; ''MGN'' con G en M, e N superposta; ''MG'' con G en M e máis ''Mathis'' —– que contribúen á confusión que existe sobre o seu nome auténtico : chamábase Gothart — ''o piadoso'' — apelidado Neithart — ''o tristeiro'' — ou á inversa ?. Outros documentos que fican, testemuñan os seus contratos como enxeñeiro hidráulico para o xoven [[arcebispo de Mainz]], [[:de:Albrecht (Brandenburg)|Albrecht de Brandenbourg]] (1490-1545) ou, tamén, para o arcebispo Uriel von Gemmingen de [[Aschaffenbourg]], nos que tanto é denominado Gothart, como Neithart. Eses mesmo contratos mostran, por outra banda, que as competencias como enxeñeiro deben ser entendidas nun sentido laxo, pois van desde o perforado para pozos, como a instalación de bombas e mesmo a construzón dun fogón.