Wikipedia:Verificabilidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
correccións e outros arranxos
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Wikipedia:Cite as fontes +Wikipedia:Citar as fontes)
Liña 4:
A '''verificabilidade''' na Wikipedia significa que o lector teña a posibilidade de consultar fontes citadas que [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria|apoien directamente]] a información contida no artigo. Toda a información presente na Wikipedia debe ser verificable, pero que algo sexa verificable non basta para incluílo na enciclopedia. Isto é, hai outras políticas que toman parte nos contidos que deben ir na Wikipedia e non deben considerarse separadamente.
 
Ten que ser posible atribuír a información da Wikipedia a fontes acreditadas que sexan as apropiadas segundo os contidos en cuestión. Con todo, na práctica é unicamente necesario achegar [[Wikipedia:CiteCitar as fontes|referencias]] para as citas textuais e para calquera información suxeita a ser cuestionable. As citas axeitadas garanten que o material non é un traballo orixinal e permiten aos lectores e editores comprobar o material fonte por si mesmos. As afirmacións que necesiten citas e non conten con ningunha poden ser eliminadas. Os materiais polémicos sen referenciar [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|sobre persoas vivas]] deben retirarse de xeito inmediato.
 
As directrices sobre a verificabilidade, o [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]] e o feito de [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria|non ser unha fonte primaria]] conforman o núcleo das políticas de contido da Wikipedia. As tres van xuntas e determinan os contidos que pode albergar o proxecto, de modo que os editores deben estar familiarizados cos puntos clave das tres. Ademais, os artigos deben cumprir coas esixencias dos [[Wikipedia:Dereitos de autor|dereitos de autoría]].
Liña 19:
==Cando é necesaria unha fonte==
===Material cuestionable ou suxeito a selo===
Todas as citas textuais e calquera material '''cuestionable ou suxeito a ser cuestionable''' deben atribuírse a unha fonte acreditada mediante unha [[Wikipedia:CiteCitar as fontes|referencia]]. A nota ao pé debe identificar a fonte ao completo, así como o lugar dentro da fonte (a páxina, a sección ou calquera outra división segundo sexa axeitado) onde se atopa o material.
 
===Falta de evidencia===
Liña 68:
===Deireitos de autoría e plaxio===
{{VT|Wikipedia:Dereitos de autor}}
Cómpre ter tino para evitar o plaxio e as infraccions dos dereitos de autoría ao utilizar as fontes. A mellor práctica é resumir o material da fonte coas súas propias palabras tanto como sexa posible; ao parafrasear unha fonte empregar unha [[Wikipedia:CiteCitar as fontes#Citas en liña|cita en liña]]; e facer calquera recoñecemento no propio texto cando sexa oportuno.
 
O material que viole os dereitos de autoría de calquera persoa non se debe citar. Ligar cara a sitios web que presenten obras protexidas por dereitos de autoría acéptase só e cando a páxina teña permiso para facelo. O feito de dirixir de xeito consciente a outras persoas ata unha fonte que viole estes dereitos pode considerarse unha infracción dos mesmos. Cando haxa motivo para crer que unha fonte incorre nunha violación dos dereitos de autoría, a mellor opción é absterse de citala como fonte.