Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
[[Ficheiro:Louis XIV of France.jpg|miniatura|rightdereita|200px|Luís XIV, rei de Francia, retratado por [[Hyacinthe Rigaud]] en [[1701]].]]'''Luís XIV de Borbón''' (en [[lingua francesa|francés]] ''Louis XIV''), nado en [[Saint-Germain-en-Laye]] o [[5 de setembro]] de [[1638]] e finado en [[Versalles]] o [[1 de setembro]] de [[1715]], foi [[rei de Francia]] e de [[Reino de Navarra|Navarra]] dende o [[14 de maio]] de [[1643]] até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
 
Coñecido como '''O Rei Sol''' (''Le Roi Soleil'') ou '''Luís o Grande''' (''Louis le Grand''), foi o primoxénito e sucesor de [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]] e de [[Ana de Austria (1601-1666)|Ana de Austria]] (filla do Rei [[Filipe III de España]]). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en [[Europa]], combatendo en tres grandes guerras: a [[Guerra Franco-Holandesa|Guerra de Holanda]], a [[Guerra dos Nove Anos]] e a [[Guerra de Sucesión Española]].
 
== Infancia e ascenso ao trono ==
[[Ficheiro:Louis14-9.jpg|200px|rightdereita|miniatura|Coroación de Luís XIV en [[Catedral Notre-Dame de Reims|Reims]], ano [[1654]].]]O nacemento de Luís, en [[Saint-Germain-en-Laye]] no ano [[1638]], foi recibido como un don divino polos seus pais: [[Luís XIII]] e [[Ana de Austria (1601-1666)|Ana de Austria]], os cales non tiveran descendencia en vinte e tres anos; por iso foi bautizado como "Louis-Dieudonné" (''Dieudonné'' significa "dado por Deus"); á parte outorgáronselle os títulos de ''premier fils de France'' ("Primeiro Fillo de Francia") ademais do máis tradicional de [[Delfín (título)|''Delfín de Viennois'']]. Luís XIV proviña dun ambiente multicultural xa que os seus avós paternos, [[Henrique IV de Francia]] e [[María de Médicis]], eran navarro e italiana respectivamente e os seus avós maternos, [[Filipe III de España]] e [[Margarida de Austria, Raíña de España|Margarida de Austria]], eran [[Habsburgo]]s, el español e ela austríaca.
 
Luís XIII e Ana tiveron ao seu segundo fillo, Filipe d'Anjou que posteriormente sería Filipe I, Duque de Orleáns no ano [[1640]].
 
== Fin da guerra e reinado persoal ==
[[Ficheiro:Louis XIV wedding.jpg|250px|rightdereita|miniatura|O seu casamento en 1660.]]Namentres, a guerra coa [[España]] continuaba. Os franceses recibiron apoio militar de [[Inglaterra]], dirixido por [[Oliver Cromwell]]. A alianza anglo-francesa venceu en [[1658]] na [[Batalla das Dunas (1658)|Batalla das Dunas]]. O resultado da guerra foi o [[Tratado dos Pirineos]] que fixou a fronteira entre a España e máis a Francia nos [[Pirineos]], cedendo a España varias provincias e cidades á Francia nos Países Baixos españois e no [[Rosellón]]. Este tratado cambiou a balanza de poder, Luís XIV casou coa filla de [[Filipe IV de España]]: [[María Tareixa de Austria]]. O matrimonio celebrouse o [[9 de xuño]] de [[1660]].
 
== Guerra nos Países Baixos ==
 
=== A unificación nacional: A revogación ===
[[Ficheiro:Pierre_Mignard_-_Françoise_d'Aubigné,_marquise_de_Maintenon_(1694).jpg|miniatura|rightdereita|180px|Madame de Maintenon, segunda esposa de Luís XIV.]]A esposa de Luís XIV, María Tareixa, morreu no ano [[1683]]. Luís non se mantivo fiel a ela por moito tempo tralo seu matrimonio de [[1660]]: entre as súas amantes estaba [[Luísa de La Vallière]], [[Madame de Montespan|Françoise Athénaïs de Rochechouart de Mortemart, Madame de Montespan]] e [[María Anxélica de Fontanges]]. Así e todo, mantívose máis fiel no seu segundo matrimonio, con [[Madame de Maintenon]]. O matrimonio [[morganático]] entre Luís XIV e Madame de Maintenon tivo lugar, probablemente, a finais de [[1685]].
 
Madame de Maintenon, antes [[Protestantismo|protestante]], convertérase ao catolicismo. Antes críase que, ademais, participara moi activamente na persecución dos protestantes, e que instara a Luís XIV a revogar o [[Edicto de Nantes]], o cal proporcionaba algo de liberdade relixiosa aos [[Hugonotes]] (os membros da protestante [[Reforma Protestante|Igrexa Reformada]]). Porén, esta implicación de Madame de Maintenon cuestiónase actualmente. O mesmo Luís XIV estaba de acordo co plan, posto que, como o resto de Europa, católica ou protestante, cría que para manter a unidade nacional, debía antes conseguir a unidade relixiosa; no seu caso unha unidade baixo o catolicismo. Esta idea estaba definida no principio "''cuius regio, eius religio''", política relixiosa en vixencia dende o seu establecemento na [[Paz de Augsburgo]] de [[1555]]. De feito, xa comezara a persecución dos hugonotes.
103.029

edicións