Diferenzas entre revisións de «Electrón»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m
É moito máis lixeiro que o [[neutrón]] ou que o [[protón]]. Os [[proceso]]s [[electricidade|eléctricos]] en metais son debidos ó movemento de electróns (en [[fluído]]s corresponden a electróns, pero tamén a outras partículas), mentres que as [[Reacción química|reaccións química]]s son debidas ó intercambio de electróns entre átomos, polo que se pode dicir que é a partícula que actúa na maior parte da transformación da [[materia]]. Nun [[campo eléctrico]], móvense en [[dirección]] contraria ó [[campo (física)|campo]], ou sexa, en dirección ó [[potencial]] positivo, e nun [[campo magnético]] móvense [[perpendicular]]mente ás [[liñas de campo]]. Como partícula de masa moi pequena que é réxese polas [[lei]]s da [[Mecánica Cuántica]], polo que presenta á vez propiedades de partícula e de [[onda]]. A maneira de achar o seu [[raio (xeometría)|raio]] é facendo que a súa [[enerxía]] en [[repouso]] coincida coa do [[campo eléctrico]] producida pola súa carga; como onda presenta [[fenómeno]]s de [[interferencia]] e fenómenos de [[difracción]], preditos teoricamente por [[Louis de Broglie]].
 
A súa [[lonxitude de onda]] a 1[[eV]] é do orde de 1.22[[metro|nm]], que asemella á dos [[raios X]]; as súas [[propiedade]]s [[onda|ondulatorias]] empréganse na determinación de [[estruturas cristalinas]], a determinación de materiais e en [[microscopio|microscopios electrónicos]]. As [[propiedade química|propiedades químicas]] dos [[átomo]]s veñen determinadas pola súa [[estrutura electrónica]] (distribución dos electróns na zona exterior do átomo chamada [[cortiza electrónica]], ou tamén [[capa electrónica]]) e máis en particular polos que se atopan na última capa, tamén chamada [[capa de valencia]], en xeral sen completar, ós que se lles chama [[electrón de valencia|electróns de valencia]], que son os que fan que o átomo emita ou son os beneficiarios da [[radiación]] recibida nos [[espectroEspectro electromagnético|espectros]]s. A [[enerxía]] necesaria para desprender un electrón dun átomo pódese dar por medio de
[[enerxía luminosa]], debido o [[efecto fotoeléctrico]], en forma de [[raios X]] ou raios corpusculares. Actualmente sábese que o electrón non é indestrutible, pois dita destrución pode vir dada polo choque contra un [[positrón]], caso no que a enerxía en repouso das partículas pasa ó [[cuanto]] da radiación, que deste xeito ten orixe. Pode nacer un electrón acompañado polo positrón por medio dun cuanto de radiación suficientemente rico en enerxía no campo da outra partícula que ha de recibir a diferencia dos impulsos. Tamén se produce un electrón no [[núcleo atómico]] cando un neutrón se converte en [[protón]]. Os electróns así emitidos producen os chamados [[raio beta|raios beta]].
 
19.692

edicións