Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Ansemil»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
[[Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Ansemil.JPG|miniatura|rightdereita|400px|Fachada da igrexa e capela]]
'''San Pedro de Ansemil''' é a igrexa parroquial de [[Ansemil, Silleda|Ansemil]], no concello de [[Silleda]]. Conforma o conxunto unha [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] [[arquitectura románica|románica]] de planta basilical con tres naves e tres [[ábsida]]s, á que se lle uniu unha capela [[arquitectura gótica|gótica]] que serviu para soterrar os cadaleitos da familia dos [[condes de Deza]].
 
 
==Descrición==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Fachada occidental.JPG|miniatura|rightdereita|210px|Fachada occidental]]
Na actualidade consérvanse dúas construcións: unha igrexa románica e acaroada ao seu muro sur unha capela gótica. A primeira foi o resultado da reforma dunha construción anterior perrománica, e debeu rematarse arredor do ano [[1171]].
 
Exteriormente non semella que o templo estea composto de tres naves xa que é un rectángulo cuberto a dúas augas con tres ábsidas engadidas á cabeceira.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel1.JPG|miniatura|esquerda|225px|Capitel esquerdo da fachada occidental]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel2.JPG|miniatura|rightdereita|225px|Capitel dereito da fachada occidental]]
A '''fachada occidental''' é plana, sen contrafortes e rematada cunha torre de principios do [[século XX]]<ref>Con total seguridade con posterioridade ao ano 1909, ano no que Enrique Campo fixo un debuxo da fachada onde se ve unha espadana de dúas troneiras cun carneiro, e en lugar da ventá rectangular actual unha saetera.</ref>. A ámbolos lados da porta ábrense dúas saeteras fronte as naves menores e unhas fiestras xeminadas de tempos de [[Afonso III de Asturias|Afonso III]], elementos reutilizados do primeiro templo. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas con [[basa]]s áticas con algunhas alteracións, [[fuste]]s monolíticos, lisos e exentos. Os capiteis máis exteriores presentan motivos vexetais: grandes follas con vértices terminado en espiral a modo de volutas. Os capiteis interiores, o dereito representa dous leóns enfrontados e o esquerdo a un home vestido con túnica e calzado con [[borceguí]] sostendo nas mans sobre o peito un libro aberto. Fáltalle a cabeza. No mesmo capitel tralo home dúas cabezas humanas e aos lados dous homes espidos cunha man no muslo e outra nos xenitais.
 
Tampouco presentan [[contraforte]]s os muros laterais. O '''muro meridional''' apenas é visible catro metros por ter engadida a capela. No beirado presenta unha decoración con bolas no chaflán da cobixa, con canzorros de follas, cabeza de felino e outra de bóvido. Tamén se abre cunha saetera. O '''muro setentrional''' semella modificado. Carece de cornixa e de saeteras. Ábrese cunha porta alintelada, o lintel un enorme perpiaño presenta traballado un arco de medio punto e inscrito nel un arquiño pentalobulado (con arcos de ferradura) e no seu interior unha cruz grega.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro 8.JPG|miniatura|rightdereita|200px|Canzorro erótico]]
O '''muro ocidental''' aparece prolongado por un conraforte que se mella engadido con posterioridade. Ábrese cunha pequena saetera. No piñón do muro un carneiro cunha cruz trebolada de brazos flexionados.
 
==A Capela funeraria dos Deza==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza timpano.JPG|miniatura|esquerda|200px|Agnus Dei]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Virxe co neno.JPG|miniatura|rightdereita|130px|Virxe co neno]]
A dereita da igrexa e unida a ela a través dun arco apuntado atópase a coñecida como [[Capela señorial dos Deza]], obra gótica do [[século XIV]] chamada así por conservarse nela o sepulcro de [[Diego Gómez de Deza]] do ano [[1341]].
 
103.029

edicións