Hormona liberadora da gonadotropina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:GNRH1 structure.png|miniatura|rightdereita|Estrutura da GNRH1.]]
A '''hormona liberadora da gonadotropina''' ('''GnRH''', ''gonadotropin-releasing hormone''), tamén chamada '''hormona liberadora da hormona luteinizante''' ('''LHRH'''), '''luliberina''' e '''gonadoliberina''', é unha [[hormona]] peptídica [[hipotálamo|hipotalámica]] de 10 [[aminoácido]]s responsable de estimular na [[adenohipófise]] ou pituitaria anterior a liberación da [[hormona estimulante dos folículos]] (FSH) e da [[hormona luteinizante]] (LH). A GnRH sintetízase e libérase nas [[neurona]]s do [[hipotálamo]] e dise que é unha hormona trópica porque a súa diana é outra glándula endócrina. O péptido pertence á familia da hormona liberadora da gonadotropina (comprende tres formas, unha delas só atopada nos peixes).