Historia de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 5:
Os primeiros testemuños de presenza humana no actual territorio de México datan de hai aproximadamente 20.000 anos<ref>Alicia Hernández Chávez ''México. Breve historia contemporánea''. Fondo de Cultura Contemporánea, 2000, páxina 18 </ref>; nesta época pequenos grupos de cazadores comezaron a poboar lentamente o [[continente]]. Tense a crenza de que xa sabían utilizar o [[lume]] e xa fabricaban algunhas [[ferramenta]]s sinxelas de pedra, coas que curtían roupas de peles e facían obxectos de madeira e óso. Eran [[nómade]]s e cabía a posibilidade de que se organizaran en familias tanto para a cacería, como para algún outro fin. A estimación fíxose oportuna por mor de que a Terra vivía a súa derradeira glaciación, chamada “Wisconsiniana”, que se iniciou aproximadamente desde hai 70.000 anos até os 18.000 anos. Quizais entre os 22.000 e os 14.000 anos tivo lugar o inicio dunha etapa na que a recolección era máis importante que a cacería. Tamén se cre que a organización social que prevalecía era a familia nuclear, ou de grupos pequenos con relacións moi débiles. Seguía a fabricación de instrumentos de pedra grandes, toscos, elaborados por percusión directa ou indirecta.
 
Os testemuños máis antigos que se coñecen até hoxe do ser humano de Mesoamérica son os que proporcionan as escavacións de '''[[Tlapacoia]]''' (situada a uns 25 km ao sueste da cidade de México), que demostran que xa había habitantes alí hai aproximadamente 21.000 anos. O primeiro asentamento de interese foi o da civilización [[olmeca]], que nace na rexión costeira do Golfo de México, ao redor do ano 18.000 e esténdese nos actuais estados de [[Veracruz]] e [[Tabasco]]. Estímase que sobre o 7.000 a súa poboación puido chegar aos 350.000 habitantes, cunha forma propia de organización social e política, pero sobre todo, cun grande avance cultural, técnico e artístico. As exploracións revelaron tres sitios de grande importancia, até este momento: [[A Venta - La Venta (México)|A Venta]], [[San Lourenzo]] e [[Tres Zapotes]]. A Venta, por exemplo, xa senta as bases do trazado de cidades do altiplano, como serían [[Teotihuacán]] ou [[Tenochtitlán]]. Outro capítulo que axudou a asentar o trazado foi a extinción dos grandes mamíferos, o cambio do clima de frío ao máis cálido, coa aridez en determinadas rexións, e a elevación xeral do nivel dos mares. A economía desta etapa baseábase na caza de animais pequenos, como [[coello]]s e [[veado]]s, aínda que a [[recolección]] continuou cunha maior variedade de [[produto]]s: [[aguacate]], [[millo]], [[cabaza]] e numerosos froitos de [[cactácea]]s. A unidade social fundamental seguía sendo a familia nuclear, aínda que esta xa comezaba a agruparse en bandas formando quizais o primeiro pobo (Tehuacán, Puebla). Nesta etapa evolucionou a técnica de talar a pedra, coa aparición de puntas de proxectil de pedra de forma foliácea e as acanaladas, que permitían fixar con precisión a punta ao mastro. Entre os anos 7.000 o 5.000 o home comezou a cultivar. As zonas por aquelas parecían localizadas nos vales das lagoas de México para os cazadores de [[mamut]]s, que á vez se dedicaban á pesca e recolección de produtos do campo; e os abrigos rochosos do estado de Tamaulipas nos que xa era máis común o cultivo; no especial de millo que comeza a sela dieta do poboadores. O inicio da [[agricultura]] é un fenómeno que sufriu unha longa e complexa evolución, caracterizada pola domesticación das [[gramínea]]s e outras plantas comestibles, e a creación de aldeas permanentes, en México. Ao final comezouse a cultivar o algodón, co que se fabricaban teas de calidade superior ás que ata entón se obtiñan coas fibras do maguey e do liño. Ademais da domesticación de animais, entre os que se atopaba o itzcuintli, un can comestible. [[Ficheiro:Teotihuacan1972A.jpg|miniatura|rightdereita|200 px|[[Teotihiacán]], vista aérea feita desde unha avioneta no ano [[1972]]; pódese apercibir a maioría do complexo cultural dunha cidade que perduraría durante moitos séculos.]]
 
===Mesoamérica===
Liña 32:
 
===Os toltecas, os maias e os otomís===
Pero novos pobos, que penetraron grazas á desaparición de [[Teotihuacán]], déronlle transformación á organización política existente. Houbo cambios nos réximes teocráticos por gobernos da maioría militarista; isto pódese apreciar nas pinturas e na escultura da época nas que os guerreiros substitúen aos sacerdotes. Así, coñecese a segunda gran cultura do altiplano mexicano, a dos '''toltecas'''. A cultura tolteca desenvolveuse na zona que hoxe corresponde ao estado de [[Hidalgo]] e unha parte de [[Querétaro]]. Houbo unha grande influencia no seu redor, tanto nas súas concepcións de organización social, coma nas relixiosas e nas artísticas, transcendendo amplamente polas súas achegas culturais. A cidade de [[Tula]] converteuse deste modo nun elevado foco cultural. Como xa se dixo, ao rematar a hexemonía de [[Teotihuacán]] no val de México, abriuse un período de fragmentación nos que moitos estados pequenos dividíronse o territorio. Un destes pequenos grupos, o [[mexica]], pouco importante politicamente nun principio, daría lugar a gran cultura que atoparon os españois no altiplano, nucleada ao redor da grande urbe de Tenochtitlan. No ano 1325 establecéronse nunha pequena illa no arquipélago do [[lago de Texcoco]]; o seu asentamento era símbolo da humildade da súa condición e do desprezo de que eran obxecto por parte dos pobos veciños, posto que os mexicas eran vasalos dos tepanecas de Azcapotzalco, situación que había de perdurar ata o ano 1427, momento no que se rebelan e logran a súa independencia iniciando así a súa ascensión política. Así, en menos de cen anos lograron constituírse no centro do mundo mesoamericano, coñecido por aquel tempo como o inicio do imperio [[Azteca]], do que volveremos a tratar un pouco máis adiante. [[Ficheiro:39530972azt.jpg|miniatura|rightdereita|200 px|Os [[azteca]]s foron a fusión derradeira da todas as culturas relixiosas e culturais do estado de México.]]
 
No sueste, entre as [[Fraga (botánica)|fragas]] e os ríos de [[Chiapas]] e [[Quintana Roo]], levantouse un dos testemuños máis impresionantes da cultura antiga americana: os [[civilización maia|maia]]s. Toda a rexión surleste da República mexicana foi cuberta pola civilización maia en diversos momentos do seu desenvolvemento; pero o maior esplendor alcánzase na rexión antes descrita, unha zona selvática e intrincada que co paso do tempo reservou para si moitas das respostas maias, ocorrería isto entre os anos 300 e 900 da nosa era. Centrada case nunca totalidade no actual departamento guatemalteco de [[Petén]] e nas áreas próximas dos estados de Chiapas e Tabasco, así como o territorio de [[Belice]] e a zona occidental de [[Honduras]]. Talaban con obsidiana e pedernal utensilios e armas, ou fabricaban con pedra puída. Tamén o [[millo]] era a base da alimentación dos [[Civilización maia|maia]]s. Completaban a súa subsistencia con [[tubérculo]]s, [[faba]]s, [[cabaza]] e [[chile]]s, ademais dunha froita da árbore chamada "ramón". A caza, a recolección, a pesca e a domesticación dalgúns animais eran parte da súa economía. Algunhas das súas cidades son: Tikal, Uxmal, Dzibilchaltún, Iaxchilán, Bonampak, Copán e Palenque. Os maias posuían un sistema vixesimal e mostraron grande interese pola [[astronomía]]. Por suposto, e como algunhas culturas máis, ao final do período Clásico a cultura maia decaeu. Outro tanto se pode dicir que pasou cos herdeiros dos principios culturais dos olmecas e das culturas do altiplano, alcanzaron un alto grao de refinamento na su vida cotiá. Lexisladores, astrónomos, artistas, escribas e sacerdotes, os maias evolucionaron sobre todo na arte, a ciencia e a relixión, ata chegar o seu misterioso fin.