Adopcionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: zh:嗣子說
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''adopcionismo''' foi unha [[doutrina relixiosa]] segundo a cal [[Xesús Cristo]] era un simple ser humano, elevado a unha dignidade semellante á de [[Deus]] despois da súa morte, momento no que foi adoptado por Deus. O adopcionismo é propio do pensamento cristián primitivo.
 
As súas orixes veñen da tradición xudía, no que o [[mesías]] era un ser humano elixido por Deus para elevar o pobo xudeu por riba do resto dos pobos, e da tradición grega na que existían heroes elevados á condición divina por medio da apoteose logo de extraordinarias fazañas. O adopcionismo foi condenado nos [[Primeiro Concilio de Nicea|concilios de Nicea]] ([[325]]) e [[Concilio de Calcedonia|Calcedonia]] ([[381]]).
 
Rexurdiu a fins do [[século VIII]] na Península Ibérica e na [[Septimania]] con [[Elipando de Toledo]] e [[Fiz de Urgell]]. En [[784]], o [[arcebispo]] Elipando ditou unha [[profesión de fe]] durante un concilio celebrado en [[Sevilla]] co fin de condenar as doutrinas de [[Mixecio]], que predicaba na [[Bética]]. Porén, esta profesión de fe deu lugar a unha controversia que tivo como defensores a Elipando de Toledo e ao [[bispo]] Fiz de Urgell e en contra a [[Beato de Liébana]], [[Alcuíno de York]], [[Bieito de Aniano]], [[Paulino de Aquilea]] e, especialmente, a [[Carlomagno]], quen utilizou o seu poder para afogar a desviación doutrinal e as súas intencións políticas.