Pobos xermánicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 34:
Pouco a pouco, os diversos pobos xermánicos foron dominando diferentes rexións do antigo Imperio Romano e organizándose nos territorios conquistados. Xa por volta do século VII, case tódolos pobos xermánicos estaban establecidos en rexións da Europa.
 
Por volta do [[século IV]], a Asemblea dos Guerreiros practicamente desaparecera entre os bárbaros, substituída por un Consello de Nobres. O contacto cada vez maior co Imperio leváraos a asimilar bastante a vida económica, a xerarquía social, a disciplina militar e a relixión dos romanos (moitos bárbaros convertéranse ao [[arianismo]], rama do [[cristianismo]] considerado herético polo [[Primeiro Concilio de Nicea]], realizado en [[325]]). Mesmo así, as súas comunidades aínda eran ben rudimentarias e case todas descoñecían a escrita.
 
A partir de finais do [[século IV]], presionados polos hunos, pobo nómade vido da [[Asia Central]], as tribos xermánicas migraron en masa e dunha forma non pacífica para o interior do [[Imperio Romano de Occidente]].