Mileto, Grecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 36:
Na guerra entre Roma e [[Antíoco III]] o grande, Mileto apoiou a aquel e o [[-188]] foi recoñecida cidade libre. O [[-133]], cando o [[reino de Pérgamo]] se converteu en provincia romana, Mileto foi agregada á provincia de [[Asia (provincia romana)|Asia]] pero conservou a condición de cidade libre, ata que a perdeu o [[-78]] por ter apoiado a [[Mitrídates VI Eupátor]], rei do [[Ponto]].
 
[[Paulo de Tarso]] pasou pola cidade cando volvía de [[Macedonia]] e [[Misia]]. Foi sede dun [[bispo]] desde o tempo do emperador [[Decio]], cando [[Santo Tirso]] e os seus compañeiros serían martirizados na cidade. Eusebio, bispo de Mileto, participou no [[concilioPrimeiro Concilio de Nicea]] o [[325]] pero máis tarde [[Éfeso]] foi a sede dun bispado que incluíu Mileto e outros de [[Caria]].
 
A cidade entrou en decadencia durante o [[Imperio Romano]], decadencia que se acentuou no período [[Imperio Bizantino|bizantino]]. Foi ocupada o [[1328]] polos selxúcidas. Continuou existindo como unha pequena vila chamada [[Balat]]. O [[1424]] pasou aos [[otománs]]. Balat quedou deshabitada no [[século XVII]] e as súas ruínas serían destruídas por un terremoto o [[1955]]. Despois construíuse un novo hotel de Balat a 1 km ao sur.