Garganta de Olduvai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Olduvai Gorge.jpg|miniatura|rightdereita|Garganta de Olduvai no norte de Tanzania, febreiro de 2006.]]
A '''garganta de Olduvai''' é unha [[barranca]] de 45 km de longo, parte do [[Gran Val do Rift]], localízase ao leste da chaira do [[Serengeti]], no norte de [[Tanzania]]. O nome provén de '''Oldupai''', o nome masai da ''Sansevieria ehrenbergiana''.<br />
É un dos xacementos [[paleoantropoloxía|paleoantropolóxicos]] máis importantes do mundo e é fundamental no coñecemento dos primeiros homínidos. [[Louis Leakey]] e [[Mary Leakey]] foron os primeiros en realizaren excavacións paleoantropolóxicas, na década de 1950, labor que continuou a súa familia e moitos outros investigadores. Hai millóns de anos o lugar era un gran lago, e as súas ribeiras estaban formadas por sucesivos depósitos de cinsa volcánica. Hai 500.000 anos a actividade sísmica desviou unha corrente próxima, que asulagou o lago con sedimentos, hoxe aprécianse sete capas nas paredes da garganta.