Diferenzas entre revisións de «Focas, emperador»

m
Corrixo as ligazóns cara a Narsés (xeneral bizantino)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m (Corrixo as ligazóns cara a Narsés (xeneral bizantino))
No seu honor levantouse o último monumento erixido no [[Foro|Foro de Roma]]. Focas, que sempre tivo boas relacións co Papado, cedeu ao [[Bonifacio IV|Papa Bonifacio IV]] o [[Panteón]] para o seu uso como igrexa. En agradecemento, o Papa ordenou levantar no Foro a [[Columna de Focas]], que leva na base unha inscrición en honor do emperador. Esta columna mantense aínda en pé.
 
Durante o reinado de Focas as fronteiras tradicionais do Imperio comezaron a derrubarse. Os Balcáns, que sufriran durante anos as incursións de [[ávaro]]s e [[eslavo]]s, quedaron desgornecidos coa retirada do exército do Danubio que precedeu ao levantamento de Focas contra Mauricio, e os bárbaros fixeron máis frecuentes os seus ataques, chegando ata [[Atenas]]. O rei [[Imperio Sasánida|persa]] [[Cosroes II]], que debía o seu trono á axuda que o anterior emperador, [[Mauricio, emperador|Mauricio]], lle prestara nunha guerra civil, usou a morte do seu antigo aliado como pretexto para rachar co seu tratado de paz con Bizancio. Recibiu na súa corte a un individuo que pretendía ser o fillo de Mauricio, chamado Teodosio, e apoiou as súas pretensións ao trono imperial. Cosroes tirou proveito do caos que seguiu á usurpación de Focas: o xeneral bizantino [[Narsés, Xeneral(xeneral bizantino)|Narsés]] rexeitara recoñecer ao usurpador e levantouse en armas contra el. Cosroes estabeleceu unha alianza con Narsés; con todo, este último sería máis tarde atraído con enganos a Constantinopla e executado por orde do emperador. Privado do seu mellor xeneral, o exército bizantino foi derrotado repetidas veces nos anos seguintes.
 
En [[608]], o [[Exarcado de Cartago|exarca de Cartago]] e o seu fillo, chamados ambos [[Heraclio]], comezaron no norte de África unha revolta contra Focas, acuñando moeda na que aparecían os dous cos atributos [[cónsul romano|consulares]] (aínda que non imperiais). Nicetas, sobriño de Heraclio o Vello, invadiu Exipto por terra, á vez que o xove Heraclio navegaba coa súa flota cara ao leste. Esta rebelión, unida a unha inoportuna campaña lanzada por Focas para converter pola forza aos [[xudeu]]s, causou serios disturbios urbanos en Siria e Palestina. En Antioquía, os xudeus rebeláronse e asasinaron a numerosos cristiáns, incluído o patriarca de Antioquía, Anastasio. Focas enviou a Bonoso a reprimir as protestas e a reconquistar Exipto. A represión de Bonoso foi tan cruel que sería recordada varios séculos despois, pero o seu exército foi derrotado por Nicetas tras duros combates. Á súa vez, os persas aproveitaron a guerra civil para ocupar gran parte das provincias orientais e comezar a invasión de Anatolia.
12.606

edicións