Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 46:
 
== Distribución ==
{{imaxe dupla|rightdereita|Distribution.eucalyptus.png|250|E. globulus.JPG|165|Distribución do [[eucalipto|xénero eucalipto]] (esquerda) e dist. orixinal do eucalipto azul (dereita).}}
 
A área nativa do eucalipto é [[Tasmania]], o Promontorio de Wilson e a costa adxacente de [[Victoria, Australia|Victoria]] (Australia), así como as illas do estreito entre Tasmania e Australia.
Liña 60:
Os distintos autores coinciden en que o verdadeiro problema da especie foi a repoboación masiva con eucaliptos que tivo lugar no tardofranquismo, no momento no que cedeu o monocultivo do piñeiro para empezar a subvencionar o eucalipto. Estas subvencións, xunto ao alto prezo que pagaban as papeleiras nun principio, a alta produtividade (que podía chegar a 40 m³ por hectárea e ano) e o abandono do medio rural daqueles tempos de puxante industrialización, fixeron que moitas terras que antes se dedicaban a outros cultivos pasasen a ser sementadas de eucaliptos, mesmo terras agrícolas de alto valor <ref>É frase célebre desta época que se plantaban eucaliptos ata na horta da casa.</ref>.
 
{{imaxe dupla|rightdereita|Starr 051123-5467 Eucalyptus globulus.jpg|165|Eucalyptus camaldulensis Leaves DehesaBoyaldePuertollano.jpg|165|Follas de eucalipto azul (esquerda) e eucalipto vermello (dereita).}}
 
Dende hai uns 25 anos estase utilizando nas repoboacións forestais da Galicia interior unha especie resistente ás xeadas e á altitude, o ''Eucaliptus nitens'', que presenta o inconveniente de que a súa madeira non é tan axeitada para a fabricación de pasta de celulosa coma a do eucalipto branco.
Liña 81:
 
Na controversia que acompaña a esta árbore non faltan estudos que quitan importancia a este dato. Díaz-Fierros estimaba que o consumo de auga dun eucalipal, dun piñeiral e dunha carballeira eran practicamente semellantes: 1.195 litros por m<sup>2</sup> e ano no primeiro caso, fronte a 1.149 e 978 nas dúas últimas especies, pero só cando a plantación estaba realizada sobre solos de pouca profundidade (menos de 50 cm), xa que cando se situaba en terras agrícolas, profundas, destinadas tradicionalmente a pradeiras e cultivos, a redución do caudal hídrico era do 60% <ref>"A inmerecida lenda negra dos eucaliptos", en ''La Voz de Galicia'' (3.06.1990); "Plantar eucaliptos en terras de cultivo reduce a agua nun 60%", en ''La Voz de Galicia'' (26.03.2007).</ref>.
{{imaxe dupla|rightdereita|Monte queimado Brión Galicia.jpg|250|Corredor do Morrazo. A pé de estrada, Galiza.jpg|250|Monte queimado en [[Brión]] (esquerda) e incendio nun bosque de eucaliptos á beira do Corredor do Morrazo (dereita)}}
[[Ficheiro:Eucalyptus globulus.JPG|Árbores de eucalipto azul medrando de novo tras un [[incendio forestal]] en Portugal|thumb]]
Tamén se lle achaca a capacidade de reducir a [[biodiversidade]] da [[flora]] e [[fauna]] asociadas ao soutobosque, e facilitar a propagación de [[incendio forestal|incendios florestais]] por ser unha especie [[pirófila]], que non só non morre co lume, senón que os [[incendio forestal|incendios forestais]] facilítanlle a colonización do espazo.
Liña 106:
 
== Aproveitamento ==
{{imaxe dupla|rightdereita|As Sinas Vilanova bateas 13.jpg|180|Batea, O Grove.jpg|188|Toros de eucalipto preparados para a construción de [[batea]]s (esquerda) e home pendurando as cordas nunha batea (dereita)}}
 
O principal uso comercial do eucalipto consiste no aproveitamento [[madeira|madereiro]], tanto na obtención de madeira como, fundamentalmente, na obtención de pasta de [[papel]], pero tamén para fabricar serradura, taboleiros de partículas, laminados tipo ''formica'', fibras téxtiles, aceites etc. A madeira non é boa para [[ebanistería]] pero, ao ser moi resistente á humidade, vai ben para postes ou para vigas de [[batea]]. Outros uso, como o decorativo ou o medicinal, son secundarios e testimoniais.