Estreito de Xibraltar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 9:
 
O estreito volveuse aínda máis estratéxico tras a inauguración da canle de Suez en 1869. Desde aquela, permite a pasaxe do Atlántico non soamente ao Mediterráneo, senón tamén ó océano Índico, evitando a longa rota do Cabo. Xibraltar foi durante moito tempo unha gran base naval británica, pero foi fortemente reducida desde a fin da [[Guerra fría]]. Pola súa parte, España posúe a cidade de [[Ceuta]], na beira marroquí do estreito. Conquistada en 1415 por Portugal, pasou a mans españolas durante o reinado de [[Filipe II de España]], cando era rei dos dous países. Xibraltar é reivindicada por España e Ceuta por Marrocos.
[[Ficheiro:Gibraltar-nasa-pd.jpg|250px|miniatura|rightdereita|Case tan só 15 km separan España de Marrocos]]
 
O estreito separa tamén Europa de África. Os ''ferries'' aseguran a ligazón, tanto para pasaxeiros como para vehículos. O inicio dun túnel baixo o estreito deviría dar comezo en breve, xa que se acaba de firmar un acordo o 12 de decembro de 2003. Este é un punto de paso da inmigración clandestina a Europa, sobre todo desde que por unha parte o crecemento de España ao longo dos anos oitenta a fixera destino da inmigración, e pola outra que desaparición dos controis nas fronteiras interiores da Unión europea (Acta Única e Espazo Schengen) fíxoa porta de entrada á unión. A inmigración pódese facer por Ceuta, enclave europeo en África. España reforzou fortemente a súa fronteira a partir de 1999. Fai-se tamén a través do estreito nas denominadas "pateras", embarcacións precarias que provocan numerosos mortos ao longo dos anos. A situación é semellante nos outros dous estreitos que dan acceso a Europa, o estreito de Sicilia, entre [[Tunisia]] e [[Sicilia]]; e a [[canle de Otranto]] á entrada do mar Adriático, entre [[Albania]] e [[Italia]], sendo porén o de Xibraltar o máis estreito.