Esquerra Republicana de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 139:
Trala súa aprobación no Parlamento catalán, o proxecto do novo estatuto sería remitido ás Cortes españolas para a súa aprobación. As modificacións que sufriría o texto serían motivo de constantes polémicas, e acabarían desencadeando a crise entre ERC e os seus socios de goberno na Generalitat. ERC considerou que o proxecto final de Estatuto aprobado no Congreso dos Deputados estaba demasiado recortado respecto ó aprobado polo Parlamento de Cataluña o [[30 de setembro]] de 2005. Por iso, a postura de ERC respecto ó proxecto final de estatuto foi cambiando a medida que se acercou a data do referendo.
 
[[Ficheiro:060218 ERC.jpg|miniatura|rightdereita|300px|Dirixentes de ERC na manifestación "Som una nació", celebrada en Barcelona o [[18 de febreiro]] de 2006.]]O [[18 de febreiro]] de [[2006]], ERC incentivou a participación cidadá a unha manifestación convocada en Barcelona por unha plataforma de entidades que, so o lema ''Som una nació, tenim dret a decidir'' (en galego "Somos unha nación, temos dereito a decidirmos"), reivindicaba que a versión final do Estatuto recoñecese a Cataluña como unha nación, tal e como se recollía no texto do Estatuto aprobado polo Parlamento de Cataluña o [[30 de setembro]] de [[2005]]. A manifestación reuniu a entre 500.000 e 1.000.000 de persoas segundo diversas fontes, e os dirixentes de ERC, que asistiron á manifestación, comprometéronse a non apoiar un Estatuto que non recoñecese de forma explícita que Cataluña é unha nación.
 
Alén disto, a dirección de ERC entendía que non podía votar a favor do proxecto final de Estatuto porque o capítulo relativo á financiación non era positivo dabondo para Cataluña, e que non se cedía á Generalitat a xestión de infraestruturas como o [[aeroporto d'El Prat]].